Saltar ao contido

Paul Bordeaux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Bordeaux
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1846.
Francia París, Francia.
Morte14 de febreiro de 1925 (79 anos).
París, Francia.
Cargos
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática
Período1896  1898
AntecesorMarcel de Marchéville
SucesorHenri de Castellane
Período1905  1907
AntecesorAdrien Blanchet
SucesorPierre Babut
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francés.
Actividade
Campo de traballoNumismática, dereito.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Membro de

Paul Bordeaux, nado en París o 12 de febreiro de 1846 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1925, foi un numismático francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Baul Bordeaux naceu en París o 12 de febreiro de 1846.[1] Seguindo a tradición paterna cursou estudos de Dereito, dos que se graduou cando tiña 20 anos.[2][3]

Logo da súa etapa formativa exerceu inicialmente como funcionario, chegando a ser secretario do presidente da República Jules Grévy, e despois como avogado.[2][3]

Paralelamente ao seu labor profesional, Bordeaux foi un notable numismático, especializado no estudo das moedas reais francesas, un tema sobre o que publicou diversos artigos, sobre todo na Revue numismatique e na Revue belge de numismatique.[3]

Bordeaux foi durante trinta anos un membro destacado da Sociedade Francesa de Numismática,[2] unha entidade que presidiu en dúas ocasións, entre 1896 e 1898, e entre 1905 e 1907,[4] e logo foi nomeado como presidente honorario. Ademais, casou coa filla de Émile Caron, quen coma el fora presidente e presidente honorario da Sociedade.[3]

Iguamente, foi membro da Sociedade Suíza de Numismática, que en 1904 o nomeou membro honorario,[3] e do mesmo xeito foi membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica. Entre outras sociedades eruditas, pertenceu tamén á Sociedade Numismática Italiana, á Sociedade Nacional dos Anticuarios de Francia e á Sociedade Francesa de Arqueoloxía.[5]

Ao longo da súa vida, Bordeaux conformou unha importante colección de moedas e medallas francesas, que logo do seu falecemento foi vendida mediante poxa en París, en tres sesións entre 1926 e 1929.[6][7][8]

Baul Bordeaux finou repentinamente en París o 14 de febreiro de 1925.[1][3]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Marcel de Marchéville
Henri de Castellane
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1896-1898
1905-1907
Sucesor:
Henri de Castellane
Pierre Babut