Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant
Nacemento22 de novembro de 1852
Lugar de nacementoLa Flèche, Francia
Falecemento15 de maio de 1924 (71 anos)
Lugar de falecementoBordeos, Francia
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
Alma máterLycée Louis-le-Grand
OcupaciónPolítico e pacifista
IrmánsJean d'Estournelles de Constant
PremiosPremio Nobel da Paz, Prix Thérouanne, Oficial da Lexión de Honra e Cabaleiro da Lexión de Honra
Na rede
WikiTree: Balluet_d'Estournelles_de_Constant_de_Rebecque-1 Find a Grave: 217666172 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paul Henri Benjamin Balluet d'Estournelles de Constant, barón de Constant de Rébecque, nado en La Flèche o 22 de novembro de 1852 e finado en Bordeos o 15 de maio de 1924, foi un diplomático, deputado e pacifista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi conselleiro nas legacións francesas de Londres e A Haia, e volveu a Francia para ocupar escanos no Congreso (1895-1904) e no Senado (1904-1924) pola Sarthe.

En 1909 compartiu o Premio Nobel da Paz con Auguste Beernaert, como fundador e presidente do grupo parlamentario francés do Comité de defensa dos intereses nacionais e de conciliación internacional.

Axudou a Léon Bollée, principal apoio do estadounidense Wilbur Wright, pioneiro da aviación, nos seus experimentos aéreos do 8 de agosto de 1908 e o 2 de xaneiro de 1909, en Le Mans e na Sarthe, no hipódromo de Hunaudières e no campo militar de Auvours.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]