Patrimonio da Humanidade en Papúa-Nova Guinea


O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Papúa-Nova Guinea, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Papúa-Nova Guinea ratificou a convención o 28 de xullo de 1997, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
O sitio da antiga área agrícola de Kuk foi o primeiro lugar de Papúa-Nova Guinea incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en ocasción da 32ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Quebec (no Canadá) en 2008.[4] Dende entón, Papúa-Nova Guinea conta cun só sitio clasificado como Patrimonio da Humanidade, sendo este de clasificación cultural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: de Papúa-Nova Guinea
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[5]
| Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 01 | Antiga área agrícola de Kuk | Enga | 2008 | 887; III, IV, VI (cultural) | O sitio agrícola temperán de Kuk é unha zona de pantano de 116 ha nas Terras Altas de Nova Guinea, a uns 1500 m sobre o nivel do mar. As escavacións arqueolóxicas atoparon evidencias de asentamentos humanos continuos durante entre 7.000 e 10.000 anos. Isto inclúe hai 6.500 anos, cando se desenvolveu a agricultura en Nova Guinea. Os achados arqueolóxicos proporcionaron evidencias de cambios nas prácticas agrícolas, incluíndo a escavación de gabias e a creación de sistemas de drenaxe, evidenciando o desenvolvemento independente da agricultura.[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ UNESCO (ed.). "Papúa-Nova Guinea na UNESCO".
- ↑ UNESCO (ed.). "32nd session of the World Heritage Committee".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Levuka Historical Port Town" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2025.