Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Malawi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Malawi na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Malawi, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Malawi ratificou a convención o 5 de xaneiro de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Malawi
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.[4]
Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Parque Nacional do Lago Malawi Rexión Central 1984 289; VII, IX, X (natural) [5]
02 Arte rupestre de Chongoni Dedza 2006 1653; III, VI (cultural) [6]
03 Paisaxe Cultural do Monte Mulanje Rexión sur 2025 III, VI (cultural) [7]

Lista provisional

[editar | editar a fonte]

Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional.[8] Malawi mantén sete propiedades na súa lista provisional.[9]

Sitios provisionais
Sitio Imaxe Localización (rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición
Nyika-Reserva de Vida Silvestre de Vwaza Rexión Norte 2025 III, V, VIII, IX, X (mixto) [10]
Ruta do Patrimonio dos Escravos de Malawi e Senda do Dr. David Livingstone Rexión Central 2025 III, IV (cultural) [11]
Patrimonio xeolóxico dos piares de Malape Rexión sur 2025 VII, VIII, X (natural) [12]
Zona húmida do lago Chilwa Rexión sur 2025 IX, X (natural) [13]
Paisaxe cultural de Khulubvi e os santuarios da choiva de Mbona asociados Rexión sur 2025 III, VI (cultural) [14]
Paisaxe xeográfica fosilizada de Karonga Rexión norte 2025 III, VIII, IX, X (mixto) [15]
Corredor Histórico do Forte Mangochi e Makanjira Rexión sur 2025 III, IV, VI (cultural) [16]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. UNESCO (ed.). "Malawi na UNESCO".
  4. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
  5. "Lake Malawi National Park" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 10 de marzo de 2024.
  6. "Chongoni Rock-Art Area" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 10 de marzo de 2024.
  7. "Mount Mulanje Cultural Landscape" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 12 de xullo de 2025.
  8. "Tentative Lists". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2005. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  9. "Malawi". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.
  10. "Nyika-Vwaza Wildlife Reserve". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.
  11. "Malawi Slave Heritage Route and Dr. David Livingstone Trail". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.
  12. "Malape Pillars Geological Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.
  13. "Lake Chilwa Wetland". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.
  14. "Khulubvi and Associated Mbona Rain Shrines Cultural Landscape". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.
  15. "Karonga Fossilised Geoheritage Landscape". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.
  16. "Fort Mangochi and Makanjira Historical Corridor". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 6 de decembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]