Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Guinea-Bissau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Guinea-Bissau na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Guinea-Bissau, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Guinea-Bissau aceptou a convención o 28 de xaneiro de 2006, facendo que os seus sitios históricos poidan ser incluídos na lista. Dende o ano 2025, hai un sitio Patrimonio da Humanidade en Guinea-Bissau, os ecosistemas costeiros e mariños do arquipélago dos Bijagós-Omatí Minhô.[3]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: departamentos de Guinea-Bissau
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Ecosistemas costeiros e mariños do arquipélago dos Bijagós-Omatí Minhô Arquipélago dos Bijagós 2025 1431; ix, x (natural)
  1. ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
  2. ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
  3. ↑ "Guinea-Bissau". UNESCO. Consultado o 29 de outubro de 2025.
  4. ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]