Patricia Sarrapio
Patricia Sarrapio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de novembro de 1982 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | atleta |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Patricia Sarrapio Martín, nada en Madrid o 16 de novembro de 1982, é unha atleta española especializada en triplo salto.[1] Competiu nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 e Río de Xaneiro 2016.[2] Foi 12 veces campioa de España de triplo salto, cinco ao aire libre e sete en pista cuberta.[3][4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi 28 veces campioa de España de triplo salto e dúas de salto de lonxitude, en distintas categorías, 12 delas na categoría absoluta. En 2006 gañou a medalla de ouro en triplo salto no Campionato Iberoamericano de Atletismo de Ponce, Porto Rico, por diante da colombiana Johanna Triviño e a brasileira Gisele de Oliveira.[5] Na edición de 2010, celebrada na localidade gaditana de San Fernando, conseguiu o bronce.
Competiu en dous Xogos Olímpicos (Londres 2012 e Río de Xaneiro 2016).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É profesora de Educación Primaria nun colexio de Madrid. Polas tardes adestra, compaxinando a súa profesión coa súa actividade como atleta de alta competición.
Resultados internacionais[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Patricia Sarrapio". Sports Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ "Patricia Sarrapio" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ "Campionatos de España ao aire libre" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ "Campionatos de España en pista cuberta" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ "Resultados do Campionato Iberoamericano de Atletismo". athlecac.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos da atleta na Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (en inglés).
- Datos da atleta na Real Federación Española de Atletismo (en castelán).