Patricia McFadden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPatricia McFadden

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Eswatini Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEswatini Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Botswana
Universidade de Warwick (pt) Traducir
Universidade de Dar es Salaam (pt) Traducir
Universidade de Essuatíni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos , educadora , escritora , socióloga , editora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell
Smith College
Universidade de Syracuse
Spelman College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Patricia McFadden, nada en 1952 é unha feminista radical africana, socióloga, escritora, editora e educadora de Eswatini.[1] É unha activista e académica que vén traballando no movemento anti-aparheid nos últimos vinte anos.[2] McFadden tamén traballou dentro dos movementos de mulleres africanos e a nivel mundial. Como escritora sufriu persecución política. Foi editora da Southern African Feminist Review e de African Feminist Perspectives.[3][4][5] Nos últimos tempos ensina e traballa internacionalmente en prol dos dereitos das mulleres. McFadden foi profesora na Universidade Cornell, no Spelman College, na Universidade de Syracuse e no Smith College dentro dos Estados Unidos. Tamén traballa como "asesora en feminismo", apoiando as mulleres na construción de espazos feministas institucionalmente sostibles dentro de Suráfrica.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Botswana e Eswatini ciencia política e da administración, e conta con dous minor en economía e socioloxía.[1] Realizou un mestrado en socioloxía na Universidade de Dar es Salaam .[1] Doutorouse na Universidade de Warwick no Reino Unido en 1987.[1]

Traballou como responsable de programas no Southern African Regional Institute for Policy Studies (SARIPS) en Cimbabue,de 1993 a 2005.[1]Traballou como editora da revista Southern African Feminist Review de 1995 a 2000. Prestou os seus servizos como decana internacional na Universidade Internacional das Mulleres (International Women’s University, IFU) de 1998 a 2000 en Hannover.[1] Tamén foi docente no Mestrado en políticas sociais (MPS) xestionado por SARIPS durante sete anos. Ocupou o posto de profesora adxunta na Universidade de Syracuse en Cimbabue e posteriormente na sucursal de Syracuse en Nova York como membro do departamento de estudos afroamericanos.

As principais áreas sobre as que escribe son: sexualidade, saúde sexual e reprodutiva por unha banda e tamén sobre identidade, violación e cidadanía en relación ás mulleres africanas.[1] Vén presentando numerosos artigos nas universidades, conferencias e seminarios internacionais (en Noruega, Suecia, Dinamarca, Suráfrica, Ghana, Djibuti, Kenya, Uganda, Brasil, China, Alemaña, Etiopía e o Reino Unido entre outros.

Obras[editar | editar a fonte]

  • "Becoming Postcolonial: African Women Changing the Meaning of Citizenship" - 2005.[6]
  • "Challenging HIV and AIDS: Resistance and Advocacy in the Lives of Black Women in Southern Africa"[1]
  • "War Through a Feminist Lens"[1]
  • "Between a Rock and a Hard Place: Positioning Feminism in the ‘Africa Debate,’ and ‘Patriarchy'"
  • "Sexuality and Globalization"[1]
  • "Gender in Southern Africa: A Gendered Perspective" (Sapes Books)- 1998[2]
  • "Reflections on Gender Issues in Africa" (Sapes Books) - 1999[2]
  • "Reconceptualizing the Family in a Changing Southern African Environment" xunto a Sara C. Mvududu (Africa Institute of South Africa), 2001.[2][7]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Dereitos Humanos Hellman/Hammett en 1999[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Spelman College: Cosby Chairs Arquivado 04 de abril de 2013 en Wayback Machine.(en inglés)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Patricia McFadden to speak on neoliberalism, humanitarianism in Africa Sept. 22" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2016. Consultado o 3 de agosto de 2018. 
  3. "Escuela abierta de – feminismo". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2016. (en inglés)
  4. "Patricia McFadden, The Challenges and Prospects for the African Women's Movement in the 21st Century" (en inglés). Consultado o 23 de novembro de 2016. 
  5. Mcfadden, Patricia (1997). "The Challenges and Prospects for the African Women's Movement in the 21st Century". Women in Action (en inglés) (1). 
  6. McFadden, Patricia (2005). "Becoming Postcolonial: African Women Changing the Meaning of Citizenship". Meridians: feminism, race, transnationalism - Becoming Postcolonial: African Women Changing the Meaning of Citizenship (en inglés) 6 (1): 1–18. 
  7. "Patricia McFadden Books New, Rare & Used Books - Alibris". Alibris (en inglés). Consultado o 23 de novembro de 2016. 
  8. "Patricia McFadden". Women's Learning Partnership (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018.