Patricia McCormick
Patricia McCormick | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de maio de 1930 |
Lugar de nacemento | Seal Beach |
Falecemento | 7 de marzo de 2023 |
Lugar de falecemento | Condado de Orange |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | California State University, Long Beach, Woodrow Wilson Classical High School e Long Beach City College |
Ocupación | saltadora e nadador |
Fillos | Kelly McCormick |
Premios | Associated Press Athlete of the Year |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Patricia Joan Keller McCormick, nada en Seal Beach, California, o 12 de maio de 1930 e finada no Condado de Orange o 7 de marzo de 2023, foi unha saltadora de trampolín que gañou ambos os eventos de salto en dous Xogos Olímpicos, en 1952 e 1956. Gañou o James E. Sullivan Award á mellor atleta afeccionada dos Estados Unidos en 1956, segunda muller que o conseguiu.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De nena, nas décadas de 1930 e 1940, McCormick destacou por executar saltos de trampolín que non estaban permitidos nas competicións femininas (mergullos que tiñan fama de asustar moitos homes) e por practiar na ponte de Los Alamitos no porto de Long Beach.[1] Asistiu á Woodrow Wilson Classical High School, ao Long Beach City College e á Universidade Estatal de California en Long Beach.[2]
Tralos Xogos Olímpicos fixo xiras de saltos e foi modelo para traxes de baño Catalina. Participou no comité organizador dos Xogos Olímpicos de 1984 e comezou un programa chamado "Pat's Champs", fundación que axuda a motivar a infancia para que soñe ao grande e para que atope xeitos prácticas de obter éxito.[3]
Ao longo da súa carreira gañou tamén catro medallas nos Xogos Panamericanos, entre elas tres de ouro.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
O marido de McCormick, Glenn, foi o seu adestrador, así como doutros medallistas olímpicos en saltos de trampolín. Divorciáronse despois de 24 anos de matrimonio e el faleceu en 1995. Tiveron dous fillos: Tim, nado en 1956, só cinco meses antes de que McCormick gañase dúas medallas nos Xogos de Melbourne, e Kelly (nada en 1960), que gañou dúas medallas (prata e ouro) en saltos de trampolín.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Amazing Moments in Olympic History: Pat & Kelly McCormick". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-30. Consultado o 2010-09-12.
- ↑ "Going For Gold". Beach (California State University, Long Beach): 15. Verán–inverno de 2016.
- ↑ Carpenter, Eric (2008-08-03). "Memories as good as gold". The Orange County Register. pp. News 6. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 06 de xaneiro de 2022.
- ↑ Pat McCormick. sports-reference.com
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patricia McCormick ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Patricia McCormick at databaseOlympics.com en Wayback Machine (archived 9 de marzo de 2007)