Pato do Labrador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pato do Labrador
Especimes expostos no AMNH.
Especimes expostos no AMNH.
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto dende c. 1878[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Camptorhynchus''
Bonaparte, 1838
Especie: C. labradorius''
Nome binomial
'Camptorhynchus labradorius'
Gmelin, 1789

O pato do Labrador[2] (Camptorhynchus labradorius) é unha especie extinta de ave anseriforme da familia Anatidae nativa de América do Norte.[3] O último pato desta especie crese que foi visto en Elmira, Nova York o 12 de decembro de 1878, o último exemplar conservado morreu en 1875 en Long Island.

Hábitat[editar | editar a fonte]

O pato do Labrador emigraba anualmente, invernaba nas costas de Nova Jersey e Nova Inglaterra —onde se favorecía das costas areosas, baías e enseadas— e reproducíase en Labrador no verán. O fillo de John James Audubon informou ver un niño pertencente á especie en Labrador, pero existe incerteza acerca de onde se reproducía. Algúns cren que puido ter posto os seus ovos nas illas no golfo de San Lourenzo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Camptorhynchus labradorius". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. 
  2. Varios autores. "Os nomes galegos das aves" (PDF). Consultado o 16 de febreiro de 2017. 
  3. Chilton, Glen. The Curse of the Labrador Duck: My Obsessive Quest to the Edge of Extinction. New York: Simon & Schuster, 2009. Print.