Patacas engurradas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patacas engurradas con mollo.

As papas arrugadas ou patacas engurradas son un prato típico da gastronomía das illas Canarias, que debe o seu nome á forma de cociñar as patacas: con auga, moito sal, e sen lles tonar a pel. É habitual botarlles mollo por riba unha vez están cocidas. Tanto os peixes como as carnes adoitan acompañarse con patacas engurradas.