Pat Benatar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPat Benatar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Patricia Mae Andrzejewski Editar o valor em Wikidata
10 de xaneiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Stony Brook (pt) Traducir
Lindenhurst Senior High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz , compositora de cancións , compositora , cantautora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock, hard rock e pop rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoChrysalis Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbenatargiraldo.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0070232 Allocine: 36087 Rottentomatoes: celebrity/pat_benatar Allmovie: p81338 Metacritic: person/pat-benatar TV.com: people/pat-benatar
Facebook: benatargiraldo Twitter: benatargiraldo Instagram: benatargiraldo Youtube: UC-iXIDJpohPsTGJ2hVmG7pw Souncloud: pat-benatar-official Spotify: 43mhFhQ4JAknA7Ik1bOZuV iTunes: 540530 Last fm: Pat+Benatar Musicbrainz: 6bc658ea-005f-486b-8f94-33a2e40f7a72 Songkick: 274825 Discogs: 160130 Allmusic: mn0000158309 WikiTree: Andrzejewski-91 Deezer: 2159 Genius: Pat-benatar Editar o valor em Wikidata

Patricia Mae Andzejewski, nada en Nova York o 10 de xaneiro de 1953,[1] é unha cantante estadounidense coñecida como Pat Benatar.

Tivo moito éxito na década de 1980 con máis de trinta millóns de discos vendidos e gañou catro premios Grammy consecutivos (de 1981 a 1984) á mellor interpretación de rock feminino. Situou 17 sinxelos no top 40 das listas estadounidenses, incluíndo "Love Is A Battlefield", "We Belong", "Heartbreaker" e "Hit Me With Your Best Shot".[2] Tamén foi unha das artistas máis populares durante os primeiros anos de MTV .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pat Benatar naceu nunha familia de orixe polaca polo seu pai e irlandesa pola súa nai.[3] Creceu en Long Island, Nova York e aos dezaoito anos casou con Dennis Benatar. Deixou axiña o seu traballo como empregada bancaria en Virginia[4] para facer unha audición en Nova York e divorciouse antes de ser coñecida.

Caracterizada por unha voz poderosa que abrangue catro oitavas e formada inicialmente na ópera, foi descuberta en 1977 no cabaré de Nova York Catch in Rising Star,[5] nun concurso de afeccionados onde foi a sensación disfrazada de vampiro por Halloween.

En 1979, o seu primeiro disco In the Heat of the Night lanzouna como unha artista influente. O disco foi o sétimo máis vendido ese ano nos Estados Unidos. "Heartbreaker", o éxito que o fixo famoso, continuou a ser un dos seus éxitos máis destacados. [6]

Pat Benatar converteuse entón nunha icona do rock dos anos 80, encadeando un número impresionante de éxitos: sete discos certificados en platino (máis dun millón de discos vendidos) e tres discos de ouro nos Estados Unidos. O seu rock seduciu rapidamente a escena internacional, especialmente en Europa, Australia e o Xapón. As xiras organizadas vendían todas as entradas e a venda de discos era moi importante. O álbum Crimes of Passion vendeu máis de oito millóns de copias en todo o mundo.[7]

O período entre 1979 e 1989 foi o máis prolífico da súa carreira. Pola contra, os catro discos que estreou durante as década de 1990 e 2000 tiveron un público máis reducido, xa que ningún sinxelo chegou ao top 40 dos Estados Unidos.

No álbum True love (1991), resolto co seu estilo musical habitual, Benatar mostrouse como un cantante de blues adoptando algúns estándares americanos. Foi acompañada por unha recoñecida big band, The Roomful of Blues, que toca blues tipo Chicago. O disco tivo certo éxito.

Pat Benatar divide a súa vida entre Malibu (California)[8] e Maui (Hawai) con Neil Giraldo, o seu marido, guitarrista e produtor, e as súas dúas fillas Haley e Hana.[9] Continúa dando concertos regularmente en Norteamérica e fixo algunhas aparicións como estrela invitada en series de televisión como Charmed, Dharma & Greg e Family Law.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prato, Greg. "Pat Benatar: Biography". AllMusic. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  2. "RIAA Celebrates 50 Years of Gold Records". Recording Industry Association of America. 11 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2008. Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  3. Patbenatar.eu (ed.). "Pat Benatar The Italian Site, Piazza Alimonda 14 R, Genova". 
  4. "From the Archives: Pat Benatar's rise to fame began in Richmond". 
  5. InStyle.com, ed. (4 de decembro de 2008). "Pat Benatar and Sienna Miller – Rock Star Style Sisters". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  6. AllMusic, ed. (10 de xaneiro de 1953). "Pat Benatar". 
  7. grammy.com (ed.). "grammy.com". 
  8. Glenn Gamboa (27 de xuño de 2010). "Pat Benatar takes her best shot in new book". New Haven Register. 
  9. "Pat Benatar And Neil Giraldo: Star-Crossed Lovers, Partners For More Than 30 Years". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]