Pasty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pasty.

O pasty (en córnico pasti) é un pastel enfornado de orixe británica, variedade tradicional dos condados de Cornualla e Devon.[1] Está considerado o alimento máis representativo de Cornualla[2][3], e desde 2012 ten o recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida da Unión Europea.[4]

Características[editar | editar a fonte]

Prepárase coma unha empanadilla, colocando un recheo cru, xeralmente de carne e verduras, sobre a metade dun círculo de masa lisa, pregándose á metade para envolver o recheo nun semicírculo e ondulando o bordo curvado para formar un selo antes de metelo no forno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Devon invented the Cornish pasty" (en inglés). BBC. 13 de novembro de 2006. Consultado o 23 de febreiro de 2019. 
  2. Huxley, Ruth. "Top 10 foods to try in Cornwall" (en inglés). BBC. BBC Good Food. Consultado o 23 de febreiro de 2019. 
  3. Johnson, Ben. "The Cornish Pasty". Historic UK (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2019. 
  4. "Commission Implementing Regulation (EU) No 717/2011 of 20 July 2011 entering a name in the register of protected designations of origin and protected geographical indications (Cornish Pasty (PGI))". Diario Oficial da Unión Europea (en inglés) 54 (L 193): 13–14. 23 de xullo de 2011. ISSN 1725-2555.