Pastor Candeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pastor Candeira
Nacemento2 de decembro de 1886
Lugar de nacementoPonteareas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónindustrial e político
editar datos en Wikidata ]

Pastor Candeira Álvarez, nado en Ponteareas o 2 de decembro de 1886, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado concelleiro de Ponteareas en xaneiro de 1924. Na Segunda República foi presidente de Izquierda Republicana de Ponteareas. Foi nomeado xestor da Deputación de Pontevedra o 26 de marzo de 1936.[1] Foi nomeado vicepresidente do Consello provincial de Izquierda Republicana de Pontevedra en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á zona leal e presidiu o Comité de Izquierda Republicana da provincia de Pontevedra constituído en Barcelona en 1938. Abríuselle expediente polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. Ao remate da guerra pasou a Francia e foi xefe da sección de Emigración do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE), substituíndo a Alejandro Viana Esperón. O 12 de xuño de 1940 Pastor abandonou París con Alejandro Viana e Isabel Napal rumbo a Bordeos. O 17 de xullo a Gestapo xunto con falanxistas tentou secuestrar a Alejandro Viana que logrou fuxir con Pastor e varios republicanos máis; tras cinco días agochados nos arredores de Bordeos, atravesaron Francia até La Louvesc, preto da fronteira con Suíza. Embarcou en Marsella no barco Alsina o 15 de xaneiro de 1941 con Alejandro Viana, Isabel Napal e outros 200 republicanos e centos de exiliados de diferentes países europeos, especialmente xudeus. Exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 19 de novembro de 1941.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Domínguez Benavides en xaneiro de 1925.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]