Pastavy
| Паставы (be) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Belarús | |||
| Rexión | rexión de Viciebsk | |||
| Distrito | distrito de Pastavy | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 18.143 (2026) | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 140 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 211840 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 2155 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | postavy.vitebsk-region.gov.by | |||
Pastavy (en belaruso: Паставы e en ruso: Поставы, ambas formas oficiais; en polaco: Postawy; en lituano: Pastovys) é unha vila da rexión de Viciebsk, centro administrativo do distrito homónimo. A súa poboación en 2024 era de 18.618 habitantes. A cinco quilómetros ao oeste está a Base Aérea de Pastavy.
Historia
[editar | editar a fonte]Pastavy conta con varios edificios históricos, incluíndo casas do século XVIII e unha igrexa do século XIX. En 2009 a vila celebrou o seu 600 aniversario.
Até 1793 a vila foi parte do voivodato de Vilnius do Gran Ducado de Lituania. Entón, como resultado da segunda partición de Polonia, pasou a ser parte do Imperio Ruso, onde foi parte da gobernación de Minsk.
Entre 1921 e 1939, Pastavy foi parte da Segunda República de Polonia; no censo de 1921 o 43,3% da poboación declarábase polaca, o 34,8% xudía, e o 21,7% belarusa. En setembro de 1939 foi ocupada polo exército vermello, e o 14 de novembro incorporada á RSS de Belarús. Entre o 6 de xullo de 1941 e o 5 de xullo de 1944 foi ocupada polo Terceiro Reich, e administrada como parte do distrito xeral da Rutenia Branca do Reichskommissariat Ostland.
