Past Lives (filme)
| Past Lives | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Past Lives é un filme dramático surcoreano-estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Celine Song no seu debut como directora de longametraxes. Está protagonizado por Greta Lee, Teo Yoo e John Magaro, segue a dous amigos da infancia ao longo de 24 anos mentres contemplan a natureza da súa relación a medida que se afastan e viven vidas diferentes. O argumento é semiautobiográfico e inspírase en elementos reais da vida de Song.[1]
"Past Lives" estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2023 e distribuíuse a través de A24 nos Estados Unidos o 2 de xuño e por CJ ENM en Corea do Sur, cunha estrea limitada o 26 de febreiro de 2024 e outra de carácter nacional o 6 de marzo. O filme recibiu eloxios da crítica e recadou 42,7 millóns de dólares en todo o mundo.
Foi considerado un dos dez mellores filmes de 2023 polo National Board of Review e o American Film Institute, recibindo múltiples recoñecementos, con cinco nomeamentos nos Globos de Ouro e dous na 96ª edición dos Óscar nas categorías de mellor filme e mellor guión orixinal. Dende a súa estrea, foi incluído nas listas dos mellores filmes da década de 2020 e do século XXI.[2][3][4]
Cast
[editar | editar a fonte]- Greta Lee como Nora Moon/Moon Na Young
- Seung Ah Moon como Nora de nena
- Teo Yoo como Jung Hae Sung
- Seung Min Yim como Jung Hae Sung de neno
- John Magaro como Arthur Zaturansky
- Ji-Hye Yoon como nai de Nora
- Choi Won-young como pai de Nora
- Min Young Ahn como nai de Hae Sung
- Jojo T. Gibbs como Janice
- Emily Cass McDonnell como Rachel
- Federico Rodriguez como Robert
- Conrad Schott como Peter
- Kristen Sieh como Heather
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Press Notes" (PDF). A24. Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "The 100 Best Movies of the 21st Century". The New York Times. 23 de xuño de 2025.
- ↑ "The Best American Independent Films of the 21st Century". IndieWire. 3 de xaneiro de 2024.
- ↑ "The 20 Best Movies of the Last 20 Years". 1 de maio de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alexi, Horowitz-Ghazi (2023-06-04). "Past Lives is inspired by filmmaker Celine Song's own experience with a childhood friend". NPR. Consultado o 2023-06-04. (Radio review of the film)
- Filmes de 2023
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua coreana
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Corea do Sur
- Filmes dirixidos por Celine Song
- Filmes rodados en Corea do Sur
- Filmes ambientados en Seúl
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes ambientados en 2024
- Filmes ambientados en 2000
- Filmes ambientados en 2012
- Filmes independentes dos Estados Unidos de América
- Filmes de A24 Films