Passengers (filme de 2016)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Passengers
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalPassengers
DirectorMorten Tyldum
Produtor
GuiónJon Spaihts
Intérpretes
MúsicaThomas Newman
FotografíaRodrigo Prieto
MontaxeMaryann Brandon
Estudio
DistribuidoraColumbia Pictures
EstreaTeatro Regency Village: 14 de decembro de 2016
21 de decembro de 2016
Duración116 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción, romance
Orzamento100 - 150 000 000 $[2][3]
Recadación303 100 000 $[2]
Na rede
http://www.passengersmovie.com e https://www.sonypictures.com/movies/passengers
IMDB: tt1355644 Filmaffinity: 478232 Allocine: 220846 Rottentomatoes: m/passengers_2016 Mojo: passengers2016 Allmovie: v582669 TCM: 2019508 Metacritic: movie/passengers-2016
Facebook: PassengersMovie Twitter: PassengersMovie Instagram: passengersmovie Netlix: 80117456Editar o valor em Wikidata

Passengers é un filme estadounidense do xénero ciencia ficción e romance, dirixido por Morten Tyldum e escrito por Jon Spaihts. O filme é protagonizado por Chris Pratt e Jennifer Lawrence, con Michael Sheen e Laurence Fishburne nos papeis secundarios. Conta a historia de dúas persoas que espertan noventa anos antes dunha hibernación inducida nunha nave espacial que os transporta, xunto con outros milleiros de pasaxeiros, cara a un arredado planeta colonial.

Argumento[editar | editar a fonte]

Chris Pratt interpreta a Jim Preston no filme.

Avalon, unha nave espacial xigante que viaxa a Homestead II, un planeta-colonia afastado, e transporta 5.000 persoas e 258 tripulantes no seu interior en hibernación, entra nun campo de asteroides. O seu escudo frea a meirande parte dos impactos, mais un asteroide de grandes dimensións impacta co seu escudo. Ao iniciar as reparacións, o computador de a bordo esperta accidentalmente a Jim Preston (Chris Pratt), un enxeñeiro pasaxeiro do Avalon, 90 anos antes de chegar (a viaxe duraría uns 120 anos). Ao prinicipio non se decata de que poida ser un erro, porén conforme pasan as horas e nota que está só, decide tentar acceder á ponte de mando, que está pechada e que só pode abrir o persoal de control (nese intre en hibernación). Mentres percorre a nave a procurar axuda, atopa a Arthur (Michael Sheen) un barman robótico o cal se sorprende por velo esperto.

Tras un ano de illamento coa única compaña de Arthur, Jim tenta suicidarse para acabar coa súa soidade. Antes de se arrebolar ao espazo, atopa a cricabina de Aurora Lane (Jennifer Lawrence). Ao ollar o seu perfil na lista de pasaxeiros, dáse de conta de que é escritora e loita contra a moralidade de a espertar para que lle faga compaña. Desesperado por morrer e envellecer só, Jim acorda manualmente a Aurora. Inicialmente méntelle dicíndolle que acordara por un erro na súa criocabina. Aurora, desesperada pola idea de envellecer e morrer na nave, tenta volver meterse en hibernación (tal e como o tentara Jim nun principio) sen éxito. Ao final acepta a súa situación e comeza a escribir un libro sobre as súas experiencias. Jim e Aurora teñen unha cita e rematan namorando.

A historia continúa co intento de reparación da nave, e a loita por sobreviviren.

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

O guión orixinal de Passengers escrito por Jon Spaihts estivo flotando ao redor de Hollywood durante anos.[6] Brian Kirk foi orixinalmente programado para facer o seu debut como director coa película con Keanu Reeves no personaxe principal, e o financiamento de Wayfare Entertainment e a produción da película.[7][8] O 5 de decembro de 2014, anunciouse que a Sony Pictures Entertainment gañara a poxa para adquirir os dereitos do filme.[9] O 27 de xaneiro de 2015, anunciouse que a Sony estaba en conversacións iniciais co director de The Imitation Game Morten Tyldum para dirixir a película.[10] O 6 de febreiro, Variety informou que Jennifer Lawrence estivo en conversacións para unirse á película, e máis tarde o mesmo día, The Wrap tamén informou de que Chris Pratt estaba en conversacións tamén, para protagonizar a película.[11][12]

O 17 de xullo de 2015, Michael Sheen uniuse ao elenco da película para interpretar o robot que viaxa xunto a Pratt e Lawrence.[13] O 5 de agosto de 2015, Laurence Fishburne estaba en conversacións para unirse á película.[14] Os produtores da película serían Company Films de Stephen Hamel, Start Media de Michael Maher e Orixinal Filme de Ori Marmur e Neal H. Moritz.[13]

Filmación[editar | editar a fonte]

A rodaxe da película comezou en setembro de 2015 en Atlanta, Xeorxia.[15][16]

Estrea[editar | editar a fonte]

En agosto de 2015, Sony Pictures Entertainment establece á película para estrearse o 21 de decembro do ano 2016.[17]

Recepción[editar | editar a fonte]

Crítica[editar | editar a fonte]

Passengers ten unha cualificación de 30% por parte da crítica no sitio web Rotten Tomatoes, o que daría unha cualificación negativa. Por parte do público ten un 69%, quedaría cunha nota positiva .[18]

Clasificación de venda de billetes[editar | editar a fonte]

Passengers debutou no posto 3 da clasificación de venda de entradas, só por baixo de Rogue One e Sing. Até agora recadou 45.300.201 dos 120.000.000 que custou.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification, ed. (8 de decembro de 2016). "Passengers (12A)". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Passengers (2016)". IMDb. Consultado o 12 de maio de 2017. 
  3. FilmL.A. (maio de 2017). "2016 Feature Film Study" (PDF). FilmL.A. Feature Film Study. Consultado o 14 de abril de 2018. 
  4. «"Sony CinemaCon: ‘Ghostbusters’ Gals, ‘Passengers’ Jennifer Lawrence & Chris Pratt – Live Blog"» (en inglés).
  5. «Michael Sheen Joins Jennifer Lawrence and Chris Pratt in ‘Passengers’ (EXCLUSIVE)» (en inglés).
  6. «"Jennifer Lawrence and Chris Pratt's Sci-Fi 'Passengers' Nears Green Light After Sony Behind-the-Scenes Drama"».
  7. «"Keanu Reeves Sci-Fi Film ‘Passengers’ Gets a ‘Game of Thrones’ Director"» (en inglés). screenrant. 16 de xullo de 2013.
  8. «"Sci-Fi Pic ‘Passengers’ t Star Keanu Reeves, with Brian Kirk Directing and Wayfare Entertainment Producing"» (en inglés). deadline. 18 de abril de 2013.
  9. «"Sony Wins Auction For Jon Spaihts Sci-Fi Script ‘Passengers’"» (en inglés). deadline. 5 de decembro de 2014.
  10. «"Sony Engaging ‘Imitation Game’ Helmer Morten Tyldum For Space Saga ‘Passengers’"» (en inglés). deadline. 27 de xaneiro de 2015.
  11. «"Jennifer Lawrence in Talks for Sci-Fi Drama ‘Passengers’ (Exclusive)"» (en inglés). variety. 6 de febreiro de 2015.
  12. «"Chris Pratt in Talks to Star Opposite Jennifer Lawrence in Sony’s ‘Passengers’ (Exclusive)"» (en inglés). the wrap. 6 de febreiro de 2015.
  13. 13,0 13,1 «"Michael Sheen Joins Jennifer Lawrence and Chris Pratt in ‘Passengers’ (EXCLUSIVE)"» (en inglés). variety. 17 de xullo de 2015.
  14. «"Laurence Fishburne Joining Jennifer Lawrence, Chris Pratt in 'Passengers' (Exclusive)"» (en inglés).
  15. «"Jennifer Lawrence and Chris Pratts' Latest Film "Passengers" Has Started Filming In Atlanta; JLaw Spotted In A Freshly Bleached Blonde Locks"» (en inglés). vcpost.com. 25 de setembro de 2015.
  16. «"Hard at work!
  17. «"Sony Dates 16 Films Including Two More ‘Bad Boys’ Sequels, ‘Jumanji’ Remake"» (en inglés). variety. 5 de agosto de 2015.
  18. «Passengers (2016)».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]