Passai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grafía
Grafía orixinal Passai
Significado Quebrar unha fortaleza
Informacións xerais
Estilo Tomari-te, Shuri-te, Shorin-ryu, Shito-ryu, Shotokan, Wado-ryu, Kyokushin
Categoría Kata
Contido
Variación Bassai dai

Passai ou bassai (拔塞 塞?) é un kata do karate que, a despeito da súa orixe poder ser trazada ata o mestre Sokon Matsumura, que era notorio experto do estilo Shuri-te, é oriundo do estilo Tomari-te, pois se sabe que o mestre Kokan Oyadomari practicábao e probablemente foi quen ensinou ós mestres máis novos. Hai diversas versións nos máis variados estilos, as cales levan agregados os nomes dos autores e as máis coñecidas son as formas bassai dai e bassai sho, cuxa autoría é atribuída ó mestre Anko Itosu.[1][2][3]

O obxecto do kata aséntase na idea de converter unha situación desvantaxosa en favor de quen foi atacado, por medio dunha reacción forte e afoutada, na cal se permutan bloqueos e fintas con intensidade variada de forza, de forma que a enerxía do opoñente vóltese contra el mesmo. O practicante debe ter especial coidado á feitura lixeira das técnicas e ao equilibrio adecuado entre velocidade e forza.[4] San xeralmente clasificados como kata intermediarios.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The History of the Bassai Kata" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  2. "Les Katas Shitokaï" (en francés). Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  3. Habersetzer, Gabrielle; Habersetzer, Roland (2004). Encyclopédie technique, historique, biographique et culturelle des arts martiaux de l'Extrême-Orient (en francés). Paris: Amphora. p. 58. 
  4. "Bassaidai" (en eslovaco). Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  5. "Shito Ryu kata" (en holandés). Consultado o 1 de agosto de 2016.