Paso de San Gotardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°33′33″N 8°33′42″L / 46.55917, -8.56167

Vista sur do paso de San Gotardo

O paso de San Gotardo (en alemán, Gotthardpass; en italiano, Passo del San Gottardo) é un porto de montaña situado a 2 109 m de altitude en Suíza, entre Andermatt (Uri) e Airolo (Tesino) nos Alpes lepontinos, que conecta a parte setentrional (xermanófona) de Suíza coa parte meridional (italoparlante) de Tesino, e a ruta cara a Milán.

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que o paso coñecíase na antigüidade, non se empregou amplamente até principios do século XIII, porque comportaba vadear o turbulento río Reuss, crecido coas neves fundidas durante o principio do verán, na empinada Garganta de Schöllenen. As mortes por afogamento no paso incrementábanse en abril e maio, segundo os antigos relatos das vilas próximas.

Lendas[editar | editar a fonte]

Vista desde o oeste do paso de San Gotardo

A "Ponte do Demo" (Teufelsbrücke, en alemán) construíuse nunhas condicións tan adversas que as lendas en torno á súa construción forman por si soas unha categoría completa no sistema de clasificación Aarne-Thompson para lendas populares (número 1191).[1]

O río Reuss era tan difícil de vadear, que un pastor suízo desexou que o Diabo construíra unha ponte. O Diabo apareceu, pero pediu ser o primeiro en cruzalo. O montañés estivo de acordo, pero fíxolle ao Diabo o regalo duna cabra polo seu traballo, sendo esta a primeira en cruzar a ponte e non o propio Diabo.[2] Enfadado por esta afronta, o Diabo desprendeu unha rocha para lanzala contra a ponte e destruíla, pero unha anciá debuxou unha cruz na rocha, de maneira que o Diabo non puido sostela.

A rocha está aínda alí, e en 1977 gastáronse 300 000 francos suízos para mover a rocha, de 220 t e 127 m, para facer espazo para o túnel de San Gotardo.

Nome[editar | editar a fonte]

O paso dedicouse en 1236 a San Gotardo de Hildesheim (960–1038), abade de Hersfeld, e máis tarde bispo de Hildesheim (1022). Fillo do arcebispo Federico de Salzburgo, Gotardo foi o abade do mosteiro beneditino de Nieder Altaich en 996 e reformou outros mosteiros baixo o padroado de Henrique II do Sacro Imperio Romano Xermánico. Seu hospital para viaxeiros de San Moritz, cerca de Hildesheim, faríase famoso.[3]

Unha capela dedicada a San Gotardo (falecido en 1038, canonizado en 1131), que é considerado o patrón dos pasos de montaña, foi construída na vertente sur do paso e consagrada polo arcebispo de Milán en 1230.[3]

Túneles feroviarios e de estrada[editar | editar a fonte]

Estrada nacional 2 descendendo cara a Airolo

O túnel ferroviario de San Gotardo, aberto en 1882 para o tránsito ferroviario co custe de 177 vidas de traballadores, substituíu o antigo paso de carruaxes.[4] Un túnel por estrada de 17 km abriuse en 1980, cun número menor de mortos (53). O 1 de xuño de 2016 inaugurouse o túnel de base de San Gotardo, un segundo túnel ferroviario de 57 km, que fai del o túnel ferroviario máis longo do mundo. As autoridades suízas esperaban que se produciran menos de dez mortes nos traballos de construción, sendo finalmente oito o número de traballadores mortos durante os traballos de escavación.

Este túnel, combinado con dous túneles máis curtos que se planea se constrúan cerca de Zúric e Lugano, reducirán nunha hora a viaxe en tren de Zúric a Milán, que na actualidade dura tres horas e 40 minutos, ademais de incrementar o número e o tamaño dos trens que poden operar nesta ruta.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Devil's Bridge: Folktales of Aarne-Thompson Type 1191.
  2. The Legend of the Devil's Bridge, Switzerland.
  3. 3,0 3,1 Bruno Meier (2015): Von Morgarten bis Marignano. Was wir über die Entstehung der Eidgenossenschaft wissen. Zúric: Hier und Jetzt. ISBN 978-3-0391-9233-5, p. 23.
  4. Gotthardbahn no Dicionario histórico de Suíza (en alemán), (en francés), (en italiano).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]