Paseroideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paseroideos
Passeroidea
Passer domesticus, macho, fotografado en Toronto, Canadá
Passer domesticus, macho,
fotografado en Toronto, Canadá
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Monroe & Sibley, 1993
Familias
  • Véxase o texto

A dos Paseroideos (Passeroidea) é unha superfamilia de aves paseriformes da suborde dos páseros pertencente á infraorde dos paséridos.

Eata superfamilia inclúe varias ramas de paxaros granívoros e herbívoros que son, en número de especies, as que maior éxito lograron entre todas as aves,[1] unhas 1 600 especies.

A súa distribución é case global, xa que ocupan toda a Rexión paleártica e toda América, estando ausentes soamente na Antártida.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A superfamilia foi descrita en 1993 polos ornitólogos estadounidenses Burt Monroe e Charles Sibley.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Passeroidea está formado engadíndolle ao nome co seu xénero tipo, Passer, a desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal de unión -o-. Literalmente: "os que teñen forma de pardal".

Familias[editar | editar a fonte]

Esta superfamilia é uno dos tres grupos da infraorde dos paséridos propostos en 1990 na clasificación das aves de Sibley e Ahlquist.[3]

A monofilia do grupo está en gran medida confirmada por numerosos estudos,[4][5][6][7] aínda que alunhas das familias inclídas por Sibley e Ahlquist na súa clasificación están actualmente situadas fóra dos paseroideos. En particular, a familia Paramythiidae da Nova Guinea xa non se considera parte da radiación dos paseroideos, e se colocou na dos Corvoidea.[8] incluso os Melanocharitidae xa non se encadran nos Passeroidei, xa que máis ben parecen representar un clado basal dentro dos Passerida,[9] mentres que os Alaudidae son actualmente considerados parte da superfamiglia dos Sylvioidea.[4][5].

Pola contra, algunhas familias non consideradas na clasificación de Sibley e Ahlquist son hoxe ás veces incluídas nos Passeroidei: entre elas, as dos Arcanatoridae, Promeropidae, Irenidae, Chloropseidae, que constitúen ramas basais da superfamilia, con estreitos vínculos de parentesco cos Nectariniidae.[2][5][10]

Segundo estes modernos criterios de clasificación, os paseroideos comprenden as seguintes familias:

Evolución[editar | editar a fonte]

A separación evolutiva das diferentes ramas dos paseroideos non se precisou aínda totalmente, pero debe ser posterior á evolución das antigas anxiospermas, que comprendían diversas plantas non especializadas, pero que xa tiñan sementes rudimentarias, o que debeu ocorrer a finais do cretáceo, entre as eras mesozoica e cenozoica. O gran número de especies explicaríase entón por coevolución con estas plantas, que empezaron a producir unha gran variedade de froitos e sementes.[1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Superfamilia: Passeroidea Monroe & Sibley, 1993 en Animalandia (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Fjeldså, J. (2013). "The global diversification of songbirds (Oscines) and the build-up of the Sino-Himalayan diversity hotspot". Chinese Birds 4 (2): 132–143. 
  3. Sibley C. G. & Ahlquist J. E. (1990). Phylogeny and Classification of Birds. A Study in Molecular Evolution. New Haven and London: Yale University Press. 
  4. 4,0 4,1 Ericson P. G P. & Johansson, U. S. (2003). "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Mol. Phylogenet. Evol. 29: 126–138. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Barker, F. K.; Cibois, A.; Schikler, P. A.; Feinstein, J. & Cracraft, J. (2004). "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation" (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences 101 (30): 11040–45. doi:10.1073/pnas.0401892101. 
  6. Beresford, P.; Barker, F. K.; Ryan, P. G. & Crowe, T. M. (2005). "African endemics span the tree of songbirds (Passeri): molecular systematics of several evolutionary 'enigmas'". Proc. R. Soc. Biol. Sci. Ser. B 272: 849–858. 
  7. Fuchs, J.; Fjeldså, J.; Bowie, R. C. K.; Voelker, G. & Pasquet, E. (2006). "The African warbler genus Hyliota as a lost lineage in the oscine songbird tree: molecular support for an African origin of the Passerida". Mol. Phylogenet. Evol. 39: 186–197. 
  8. Boyd, J. H. Corvida na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 7 de abril de 2017.
  9. Boyd, J. H. Melanocharitidae na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 7 de abril de 2017.
  10. Johansson, U. S. et al. (2008). "Phylogenetic relationships within Passerida (Aves: Passeriformes): A review and a new molecular phylogeny based on three nuclear intron markers" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 48: 858–876. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ericson, P. G. P. & Johansson, U. S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 126–138.
  • Johansson, U. S., Fjeldså, J. & Bowie, R. C. K. (2008): "Phylogenetic relationships within Passerida (Aves: Passeriformes): a review and a new molecular phylogeny based on three nuclear intron markers". Molecular Phylogenetics and Evolution 48: 858–876.
  • Jønsson, Knud A. & Fjeldså, Jon (2006): "A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri)". Zool. Scripta 35 (2): 149–186.
  • Harshman, John (2008): Passerida. (en construción). En The Tree of Life Web Project. Consultado o 7 de abril de 2017.
  • Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazósn externas[editar | editar a fonte]