Saltar ao contido

Paseo marítimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paseo marítimo das Avenidas, en Vigo.

En urbanismo, un paseo marítimo é unha vía pública litoral, de predominio peonil e moitas veces urbanizada que se constrúe en áreas urbanas ou periurbanas e que modula e define o encontro da cidade ou vila co mar.

O seu deseño, función e grao de impacto no territorio dependen de parámetros políticos, legais, urbanísticos, económicos, culturais e sociais. En xeral facilitan o acceso ás praias e ofrecen amplas pasarelas peonís, dotando ás cidades de espazos recreativos de diversa índole. Outras veces son pequenas actuacións que pretenden preservar as calidades naturais existentes no territorio. Os muros nos que adoitan descansar tamén axudan a protexer as zonas habitadas das bravas augas durante os temporais.

Estas actuacións costeiras son especialmente características das cidades españolas, portuguesas e latinoamericanas, pola titularidade pública do litoral que mantiveron historicamente os seus territorios. Adoitan presentar vexetación e actividades recreativas.

Paseos marítimos en Galicia

[editar | editar a fonte]
Paseo marítimo de Samil.

Galicia é un lugar no que adoito se atopan unha gran cantidade de paseos marítimos por mor da gran cantidade de quilómetros de litoral que posúe, sumado a unha distribución da poboación concentrada na costa, fundamentalmente no Eixo Atlántico.

En Vigo atopamos fundamentalmente dous paseos marítimos: o paseo das Avenidas, no centro da cidade, entre os barrios da Laxe e o Areal; e o paseo marítmo de Samil, que percorre a praia homónima.

O paseo marítimo das Avenidas é un paseo urbano que percorre o barrio da Laxe, e que depende da Autoridade Portuaria. Consiste fundamentalmente nun paseo de madeira que percorre o litoral desde os xardíns das Avenidas até o centro comercial A Laxe.

O paseo marítmo de Samil percorre a praia homónima. Durante o seu percorrido ten accesos á praia, así coma xardíns, aparcadoiros e restaurantes.

A Coruña

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Paseo marítimo da Coruña.
Deseño do paseo na zona Orzán-Riazor.
Paseo marítimo na zona do Parrote.

O paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa[1], con aproximadamente 15,05 quilómetros continuos á beira do mar. Foi construído en 1990 e atópase inconcluso. Comeza Oza, na avenida da Mariña, e remata en Bens, no Portiño.

O paseo pode dividirse pola súa estética en varios tramos:

  • Do límite con Arteixo ao Portiño. Zona peonil inconclusa. É a zona costeira do concello máis afastada e menos urbanizada.
  • Do Portiño ao Ascensor panorámico do Monte de San Pedro, a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
  • Avenidas de Fernando Suárez García, Gerardo Porto, San Roque de Fóra e Paseo de Ronda: Do Ascensor ao Pazo dos Deportes de Riazor a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
  • Avenidas de Buenos Aires e Pedro Barrié de la Maza e Rúa do Matadoiro: Do Pavillón ao Aquarium Finisterrae a calzada mantén os catro carrís e dende 2012 ten carril bici.[2] Aquí comeza o tranvía, que nun primeiro momento está separado do tráfico regular, pero que despois se une a el. Neste tramo fíxose a primeira substitución da coñecida e polémica balaustrada, que foi trocada por escaleiras e unha cerca metálica. Ten unhas características luminarias brancas, con lámpada esférica.
  • Avenida do Alcalde Francisco Vázquez: Do Acuario ao Castelo é quizais o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á Torre de Hércules. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas 1300 farolas vermellas, de estilo século XIX con esmaltes a media altura realizados pola artista Julia Ares.[3] Algunhas destas farolas foron retiradas dentro do plan de protección da muralla.[4]
  • Tramo do Parrote da Avenida do Alcalde Francisco Vázquez: Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o carril bici. A construción dun túnel e un aparcadoiro subterráneo na zona suprimiu parcialmente o tráfico rodado en superficie.[5]
  • Zona de Oza, Praia de Oza nas Xubias. Zona de náutica deportiva e lugar de lecer.

Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Paseo marítimo de Pontevedra e porto deportivo no río Lérez.
Artigo principal: Paseo marítimo de Pontevedra.

O paseo marítimo de Pontevedra é máis ben un paseo marítimo-fluvial, por percorrer o litoral da ría de Pontevedra e da desembocadura do río Lérez. Visualmente e no inconsciente colectivo, o Paseo Marítimo, o Paseo de Beiramar e o Paseo do Lérez forman unha única arteria costeira: Beiramar.

  • Paseo marítimo: Desde o porto de Corvaceiras ata Lourizán o paseo conta cunha vía de 2 km e medio de lonxitude e 2,5 metros de ancho que dá á ría de Pontevedra e un carril bici.[6] Na zona próxima á rúa Manuel del Palacio reparáronse os chanzos de pedra que baixan á ría de Pontevedra.[7] O paseo inclúe luminarias LED que separan o carril bici do paseo peonil, varios bancos de deseño de formigón revestidos de madeira preto do cruzamento da rúa Manuel del Palacio, un miradoiro de 100 metros cadrados sobre pilotes por riba da ría de Pontevedra con vistas á illa de Tambo e bancos de madeira e farois no resto do paseo ata Lourizán.[8][9]
  • Paseo de Beiramar (desde o porto de Corvaceiras ata a ponte do Burgo): O paseo está equipado cunha varanda de aceiro inoxidable, bancos de madeira, papeleiras, céspede, arbustos, árbores (piñeiros mansos, figueiras benxaminas, liquidámbar, alcanforeiros, pereiras de Callery, alfaneiros), unha sebe vermella detrás dos bancos e varias fontes de auga potable.[10][11] O paseo está pavimentado con granito rosa e baldosas de lousa negra dispostas en forma de cruz. O paseo pasa debaixo da ponte da Barca cunha plataforma de madeira que discorre polo interior dun dos vans da ponte.[12] Unha pasaxe peonil subterránea con luz natural, a través da rotonda superior da avenida de Uruguai, discorre baixo a ponte das Correntes. Esta pasaxe está protexida no lado da ría por un muro de cristal, para poder ver a auga durante as mareas altas, cando o nivel do mar sobe.[13]
  • Paseo do Lérez (desde a ponte dos Tirantes ata a praia do Lérez): Inclúe un carril bici, un paseo peonil con dique e chanzos de granito que baixan ao río, bancos, farois e xardíns con fileiras de plátanos.[14] No centro do paseo atópase a pasarela atirantada deseñada polo enxeñeiro de camiños Hugo Corres Peiretti, que salva o río Lérez e conduce ao parque da Illa das Esculturas.[15] O taboleiro curvo desta ponte, que permite o paso de pequenas embarcacións, ten unha luz de 82,50 metros e unha frecha de 13,40 metros, cun taboleiro metálico de ferro e un arco curvo de 1 metro de diámetro.

Outros paseos marítimos

[editar | editar a fonte]

Provincia da Coruña

[editar | editar a fonte]
Paseo marítimo de Caranza, en Ferrol.
  • Paseo marítimo de Noia: percorre mediante unha pasarela peonil unha parte da ría de Muros e Noia.[16]
  • Paseo marítimo de Mugardos
  • Paseo dos Encantos: paseo fluvial en Oleiros.
  • Paseo marítimo de Meira, en Oleiros.
  • Paseo marítimo de Caián, na Laracha.
  • Paseo marítimo de Caranza, en Ferrol.
  • Paseo marítimo de Xuvia, en Narón.
  • Paseo marítimo de Cedeira.
  • Paseo marítimo do Touro, en Ribeira.
  • Paseo marítimo de Aguiño
  • Paseo marítimo de Curuxeiras, en Ferrol.

Provincia de Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Praia de Silgar e paseo marítimo homónimo ao solpor, en Sanxenxo.
  • Paseo marítimo de Baiona. Percorre a península de Monterreal, onde se atopa o parador de Baiona.
  • Paseo marítimo de Marín
  • Sendeiro de Pedras Negras: pasarela de madeira que vai desde o porto de San Vicente, no Grove, até a praia de Canelas.[17]
  • Paseo marítimo de Silgar, en Sanxenxo.
  • Paseo marítimo de Moaña
  • Paseo marítimo de Carril-Vilagarcía de Arousa
  • Paseo marítimo de Arcade, en Soutomaior
  • Paseo marítimo de Cesantes, en Redondela
  • Paseo da Lanzada, entre O Grove e Sanxenxo.
  • Paseo marítimo da Guarda.

Provincia de Lugo

[editar | editar a fonte]
  1. Coruña Turismo. O informador. «Paseo marítimo».
  2. El carril bici del Paseo completa su trazado con la señalización del tramo del Orzán y Riazor
  3. El mar a través del vidrio en Fonseca
  4. Ares ve posible recuperar sus esmaltes de las farolas en otros espacios públicos
  5. Vecinos y comerciantes critican que la zona no se integre en un plan global para el barrio
  6. "La reforma de la avenida de Marín reduce el tráfico a 3 carriles y crea un paseo marítimo". Faro (en castelán). 28 de novembro de 2008. 
  7. "El concello encarga la reforma viaria de la avenida de Marín sin aguardar a su cesión". Faro (en castelán). 25 de xaneiro de 2009. 
  8. "Nuevo mirador en Mollavao para primeros de marzo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2011. 
  9. "Inminente desbloqueo del primer tramo del paseo peatonal de Pontevedra a Marín". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xullo de 2021. 
  10. "Pontevedra quiere 'lavar la cara' a la fachada verde de la ciudad hacia el río". Pontevedra Viva (en castelán). 21 de febreiro de 2019. 
  11. "Rajoy preside la inauguración del paseo peatonal de Beiramar". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de agosto de 2001. 
  12. "Fomento encomienda al Concello el mantenimiento del paseo de orillamar". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de maio de 2002. 
  13. "El nuevo puente de As Correntes comenzará a construirse en el 2008". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de agosto de 2007. 
  14. "OCP inicia la recuperación de las márgenes del Lérez". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2018. 
  15. "Pontevedra, la ciudad de los puentes". El Español (en castelán). 25 de marzo de 2021. 
  16. "Paseo marítimo de Noia". Expansión. Consultado o 23 de marzo de 2025. 
  17. "Sendeiro de Pedras Negras". turismo.gal. Consultado o 23 de marzo de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]