Pascuala Ilabaca
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 ![]() Xirona, España ![]() |
Educación | Pontificia Universidade Católica de Valparaíso ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, artista discográfica ![]() |
Membro de | |
Tesitura | Soprano ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pascuala Ilabaca Argandoña, nada en Xirona, o 13 de abril de 1985, é unha cantante e compositora chilena, destacada pola súa voz e o acompañamento do acordeón e piano nas súas cancións. A súa obra foi descrita como “composición contemporánea, as tradicións étnicas do mundo e a raíz folclórica chilena.”[1] Tamén é parte de Samadi, un grupo de música étnica iniciado en 2005, que recompila repertorios da India, África, América do Sur, Medio Oriente e Europa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pascuala Ilabaca naceu en Xirona no ano 1985. Chega a Chile en 1987, onde se radica dende entón, vivindo na cidade de Valparaíso.[1] É a filla do pintor Gonzalo Ilabaca e a vitralista Pilar Argandoña.[2] Cando era nena viaxou moito xunto cos seus pais, quen lle ensinaron a ler mentres percorrían Chile de arriba a abaixo. A familia tamén viaxou fóra de Chile. Ós 12 anos viviu na India, onde volveu para estudar despois de terminar a súa carreira na Universidade co mestre Pandith Pashupatinath Mishra en Benarés, India. Ós 15, viviu en México coa súa familia, logo volveu a Valparaíso onde foi ao colexio Winterhill de Viña del Mar, onde terminou os seus estudos xunto á súa irmá Danila Ilabaca Argandoña.[3]
Segue unha dieta vexetariana.[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Pascuala le canta a Violeta (2008)
- Perfume o Veneno (2010)
- Diablo Rojo, Diablo Verde (2010)
- Busco paraíso (2012)
- Me saco el sombrero (2014)
- Rey Loj (2015)
- El mito de la pérgola (2018)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pascuala Ilabaca Arquivado 04 de setembro de 2014 en Wayback Machine. en el sitio Música Popular
- ↑ Pascuala Ilabaca trae sonidos de la India
- ↑ "MÚSICA POPULAR, Festival Latinoamericano, Concierto Pascuala Ilabaca y Fauna, Sábado 15 septiembre". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de maio de 2019.
- ↑ "El frenesí y la fragilidad". 16 de outubro de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pascuala Ilabaca ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 26 de maio de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)