Pascuala García Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pascuala García Martínez
Pascuala Garcia Martinez1.jpg
Nome completoPascuala García Martínez
Nacemento16 de outubro de 1970
Lugar de nacementoCañada e Provincia de Alacant
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad de Valencia
Ocupaciónfísica e docente
Na rede
Dialnet: 2149822
editar datos en Wikidata ]

Pascuala García Martínez, nada en Cañada de Biar (Alacant) o 16 de outubro de 1970, é unha científica española. Licenciouse en ciencias físicas en 1993 na Universidade de Valencia, doutorándose na mesma universidade en 1998.[1] Desde 2017 é catedrática[2] no departamento de Óptica da Universidade de Valencia[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu principal campo de investigación céntrase no estudo dos moduladores espaciais de luz, no caracterizado e aplicación dos cristais líquidos, o procesado óptico-dixital de imaxes, correlacións non lineais e procesado morfolóxico. Na actualidade o seu labor investigador realízaa na Universidade Miguel Hernández de Elxe co Grupo de Tecnoloxías Ópticas e Optoelectrónicas e á Universidade de Valencia co Grupo de Procesado Optoelectrónico de Imaxes.[4] É coautora de máis de 60 artigos en revistas internacionais, de 6 capítulos de libro e dunhas 70 comunicacións a congresos internacionais e nacionais.[5]

É membro sénior da SPIE (Sociedade Internacional para a óptica e a fotónica fundada en EE.UU. en 1955) desde 2010[6] e da OSA (The Optical Society) desde 2015.[7] Tamén é membro doutras asociacións como: SEDOPTICA e EOS.[8]

Compromiso social[editar | editar a fonte]

Destaca o seu labor pola igualdade de xénero na ciencia. Foi a coordinadora do nodo da Comunidade Valenciana de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas) desde 2005 até 2007 e é a presidenta do grupo de "Mulleres en Física" da Real Sociedade Española de Física.[8][9]

Foi membro da Comisión para a Elaboración do II Plan de Igualdade (2013-2017) da Universidade de Valencia, así como a scoordinadora da exposición Investigadoras na Luz e nas Tecnoloxías da Luz para conmemorar o Ano Internacional da Luz (2015).[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tesis doctorales. TESEO." CORRELACIONES MORFOLOGICA I NO LINEALS OBTINGUDES PER METODES OPTICODIGITALS." Pascuala García Martínez.
  2. Resolución de 2 de noviembre de 2017, de la Universitat de València, por la que se nombran Catedráticos de Universidad
  3. Universitat de València. Departament d'Òptica. Docents i Investigadors del Departament d'Òptica.
  4. Universitas. Universidad Miguel Hernández. Grupo de Tecnologías Ópticas y Optoelectrónicas.
  5. ResearchGate. Pascuala García Martínez.
  6. "Pascuala Garcia-Martinez". spie.org. Consultado o 2020-04-27. 
  7. "Women in Optics". spie.org. Consultado o 2020-04-27. 
  8. 8,0 8,1 Universitas. Universidad Miguel Hernández. Grupo de Tecnologías Ópticas y Optoelectrónicas.
  9. Real Sociedad española de Física. GRUPO ESPECIALIZADO DE MUJERES EN FÍSICA (GEMF).
  10. Exposición Investigadoras en la Luz y en las Tecnologías de la Luz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]