Pascal Yoadimnadji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pascal Yoadimnadji
Nacemento11 de xaneiro de 1950
 Chad
Falecemento23 de febreiro de 2007
 5.º arrondissement de Paris
Causahemorraxia cerebral
NacionalidadeChad
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Pascal Yoadimnadji, nado en 1950? en Beboto, rexión de Logone Oriental, no sur do Chad, e finado o 23 de febreiro de 2007 en París, foi o primeiro ministro do Chad dende o 4 de febreiro de 2005 até a súa morte.[1] Era membro do grupo étnico Gor.[2]

Pascal Yoadimnadji foi designado primeiro ministro polo Presidente Idriss Déby o 4 de febreiro de 2005 tras a renuncia de Moussa Faki.[2] Previamente, Yoadimnadji fora ministro de agricultura desde xullo de 2004. Tamén rexeu como director do comité electoral durante a elección presidencial de 1996, e como presidente do Consello Constitucional de Chad, como tamén foi avogado.

O 21 de febreiro de 2007, Yoadimnadji sufriu un accidente cardiovascular, e caeu en coma. Foi trasladado a Francia para recibir tratamento médico. Morreu de hemorraxia cerebral o 23 de febreiro nun hospital en París. Déby declarou 4 días de loito nacional tras o seu pasamento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Valery Gottingar, "Curriculum vitae de Monsieur Pascal Yoadimnadji", Páxina do goberno do Chad (páxina arquivada), 23 de febreiro 2007 (en francés).
  2. 2,0 2,1 "Prime Minister resigns after civil servant strikes", IRIN, 4 de febreiro de 2005.