Partidos xudiciais de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidade da Xustiza de Vigo.

En Galicia existen 45 partidos xudiciais, que é como se denomina o segundo nivel de unidades territoriais para a administración da xustiza en España.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Estes 45 partidos xudiciais repártense do seguinte modo: 14 pertencen á provincia da Coruña, 9 á provincia de Lugo, 9 á provincia de Ourense e 13 están na provincia de Pontevedra.[3]

O partido é a unidade territorial integrada por un ou máis concellos limítrofes, pertencentes a unha mesma Provincia.[2] Entre os concellos que compoñen os partidos xudiciais, baseándose en criterios do número de asuntos xudiciais, das características da poboación, medios de comunicación e comarcas naturais, elíxese a capital do mesmo, que se denomina cabeza de partido xudicial.[2] Na devandita cabeza atópase a sede dun ou varios xulgados.[1] Á fronte do resto de concellos do partido xudicial atópanse os xulgados de paz.[1] A actual distribución de partidos xudiciais da comunidade autónoma de Galicia débese a Lei 38/1988, de 28 de decembro, de Demarcación e de Planta Xudicial.[1]

En virtude da devandita lei, os concellos galegos distribúense nos partidos xudiciais que se indican a continuación:[3]

Provincia da Coruña[editar | editar a fonte]

     Betanzos      Santiago de Compostela      Ferrol      A Coruña      Noia      Carballo      Corcubión      Arzúa      Ortigueira      Ribeira      Negreira      Muros      Padrón      Ordes
  1. Betanzos: Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Sobrado, Vilarmaior, Vilasantar.
  2. Santiago de Compostela: Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo, Vedra
  3. Ferrol: Ares, Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño
  4. A Coruña: Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, A Coruña, Culleredo, Oleiros
  5. Noia: Lousame, Noia, Porto do Son
  6. Carballo: Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso
  7. Corcubión: Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Zas
  8. Arzúa: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro
  9. Ortigueira: Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira
  10. Ribeira: Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira
  11. Negreira: A Baña, Brión, Negreira, Santa Comba
  12. Muros: Carnota, Mazaricos, Muros, Outes
  13. Padrón: Dodro, Padrón, Rianxo, Rois
  14. Ordes: Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo, Val do Dubra

Provincia de Lugo[editar | editar a fonte]

     Mondoñedo      Chantada      Lugo      Vilalba      Monforte de Lemos      Viveiro      Sarria      A Fonsagrada      Becerreá
  1. Mondoñedo: Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro
  2. Chantada: Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Taboada
  3. Lugo: Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Rábade
  4. Vilalba: Begonte, Cospeito, Xermade, Guitiriz, Muras, Vilalba
  5. Monforte de Lemos: Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober
  6. Viveiro: Burela, Cervo, Foz, Xove, Ourol, O Vicedo, Viveiro
  7. Sarria: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria
  8. A Fonsagrada: Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín
  9. Becerreá: As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela

Provincia de Ourense[editar | editar a fonte]

     Ourense      Ribadavia      Xinzo de Limia      A Pobra de Trives      Verín      O Carballiño      O Barco de Valdeorras      Bande      Celanova
  1. Ourense: Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo
  2. Ribadavia: A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Pontedeva, Ribadavia
  3. Xinzo de Limia: Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia
  4. A Pobra de Trives: O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilariño de Conso
  5. Verín: Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós
  6. O Barco de Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras
  7. O Carballiño: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea
  8. Bande: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Verea
  9. Celanova: A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Ramirás

Provincia de Pontevedra[editar | editar a fonte]

     Ponteareas      Vilagarcía de Arousa      Vigo      Pontevedra      A Estrada      Tui      Cangas      Lalín      Cambados      Redondela      O Porriño      Caldas de Reis      Marín
  1. Ponteareas: Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño
  2. Vilagarcía de Arousa: Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa
  3. Vigo: Baiona, Gondomar, Nigrán, Vigo
  4. Pontevedra: Cerdedo-Cotobade,[4] A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra
  5. A Estrada: A Estrada, Forcarei
  6. Tui: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui
  7. Cangas: Cangas, Moaña, Vilaboa
  8. Lalín: Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces
  9. Cambados: Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo
  10. Redondela: Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior
  11. O Porriño: Mos, O Porriño, Salceda de Caselas
  12. Caldas de Reis: Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga
  13. Marín: Bueu, Marín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 noticias jurídicas (ed.). "Ley 38/1988, de 28 de diciembre, de Demarcación y de Planta Judicial." (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 noticias jurídicas (ed.). "Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial. TÍTULO II. De la planta y organización territorial. CAPÍTULO II. De la división territorial en lo judicial." (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Consello Xeral de Procuradores de España (ed.). "Páxina Web do Consello Xeral de Procuradores de España" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2011. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  4. La Xunta confirma que Cerdedo-Cotobade se integraría en el partido judicial de Pontevedra

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]