Partido de Centro Estoniano
| Partido de Centro Estoniano | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Partido de Centro Estoniano (en estoniano: Eesti Keskerakond, EK) é un partido político estoniano centrista,[1][2] de ideoloxía socioliberal,[2] e populista.[3] É un dos maiores partidos políticos de Estonia e actualmente ten 16 escanos no Parlamento estoniano, sendo a terceira forza política máis grande nas últimas eleccións de 2023. O partido foi membro da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE) até o 14 de setembro de 2024. O 14 de marzo de 2026, o partido votou a favor de iniciar negociacións para unirse ao Partido dos Conservadores e Reformistas Europeos.[4]
O partido fundouse o 12 de outubro de 1991[5] a partir da Fronte Popular de Estonia despois de que varios partidos se separasen del.[6] Naquel momento, o partido chamábase Partido do Centro Popular (Rahvakeskerakond) para distinguilo do Partido do Centro Rural (Maa-Keskerakond), máis pequeno e de centrodereita. O 20 de agosto de 2005, fusionouse co Partido dos Pensionistas de Estonia (Eesti Pensionäride Erakond) e converteuse no segundo partido máis grande, con máis de 9.000 membros.
O primeiro presidente do partido foi Edgar Savisaar.[7] Nos últimos tempos, o presidente do Partido do Centro desde o 5 de novembro de 2016 até setembro de 2023, foi Jüri Ratas,[8][9][10] cando foi substituído por Mihhail Kõlvart.[5][11][12]
Historia
[editar | editar a fonte]Evolución 1995-2019
[editar | editar a fonte]Nas eleccións parlamentarias de marzo de 1995, o Partido do Centro quedou en terceiro lugar co 14,2 % dos votos e 16 escanos. Entrou na coalición, con Edgar Savisaar asumindo o cargo de Ministro do Interior e outros catro postos ministeriais (Asuntos Sociais, Economía, Educación e Transporte e Comunicacións). Tras o "escándalo das gravacións" (gravacións secretas de conversas con outros políticos) no que estivo involucrado Savisaar, o partido viuse obrigado a pasar á oposición. Aqueles que estaban decepcionados polo comportamento do seu líder abandonaron para formar un novo partido. Savisaar converteuse no en alcalde da capital, Talín.
En 1996, Siiri Oviir presentouse á presidencia de Estonia. Nas eleccións parlamentarias de marzo de 1999, o Partido do Centro, cuxo lema principal era o imposto progresivo sobre a renda, obtivo o 23,4 % dos votos (o primeiro resultado) e 28 escanos no Riigikogu. Os membros do partido participan activamente nas súas 26 ramas: oito delas en Tallinn e 18 en cidades e condados. O Partido do Centro converteuse en membro do Partido da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (daquela coñecido como Partido Liberal Demócrata e Reformista Europeo) no Congreso de Londres da organización en xullo de 2003. O partido tamén solicitou ser membro da Internacional Liberal (LI) en 2001, pero esta decidiu rexeitar a solicitude do partido en agosto de 2001, xa que se considerou que a conduta de Savisaar "non sempre se axustaba aos principios liberais".[13]
En 2001, Kreitzberg presentouse sen éxito ás eleccións presidenciais de Estonia. Savisaar foi o alcalde de Tallin, a capital de Estonia, dende 2001 ata o outono de 2004, cando se viu obrigado a dimitir tras unha moción de censura. Foi substituído por Tõnis Palts, da Res Publica.
En xaneiro de 2002, o Partido do Centro e o Partido Reformista Estoniano formaron unha nova coalición gobernamental na que o Partido do Centro obtivo 8 carteiras ministeriais (Ministro de Defensa, Educación, Asuntos Sociais, Finanzas, Economía e Comunicacións, Interior, Agricultura e Ministro de Integración e Minorías Nacionais). A coalición permaneceu ata as novas eleccións de 2003, nas que o partido obtivo 28 escanos. Aínda que o Partido do Centro obtivo a maior porcentaxe de votos, estivo na oposición ata marzo de 2005, cando o goberno de Juhan Parts colapsou. En 2003, a maioría da asemblea do partido non apoiou a adhesión de Estonia á Unión Europea (UE). Savisaar non expresou claramente a súa posición.
Pouco despois, varios membros do Partido de Centro abandonaron o partido no outono de 2004, principalmente debido a obxeccións ás tendencias autocráticas de Savisaar e á postura escéptica do partido coa UE, formando o Partido Social Liberal. Algúns deles uníronse ao Partido Socialdemócrata, outros ao Partido Reformista e outros ao Partido Popular. Un destes deputados reincorporouse máis tarde ao Partido de Centro. Desde a adhesión de Estonia á UE, o partido revisou en gran medida as súas posicións anteriormente escépticas coa UE.[14]
En 2004, o Partido de Centro obtivo o 17,5% dos votos nas eleccións ao Parlamento Europeo e gañou un membro no Parlamento Europeo, Siiri Oviir, quen se uniu ao Grupo da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE). No interior, participou no goberno nunha coalición co Partido Reformista Estoniano e a Unión Popular de Estonia desde o 12 de abril de 2005 ata que un novo goberno tomou posesión tras as eleccións de marzo de 2007. O Partido de Centro tivo cinco carteiras ministeriais (Edgar Savisaar como Ministro de Economía, e mais tamén as carteiras de Asuntos Sociais, Educación, Cultura e Interior).
As eleccións locais do 16 de outubro de 2005 foron moi exitosas para o Partido de Centro ao lograr 32 escanos de 63 no concello de Talín, co que chegou á maioría absoluta nese municipio. Un dos factores detrás deste éxito en Talín foi, probablemente, a inmensa popularidade do Partido de Centro entre os votantes de fala rusa. E segurametne, o controvertido acordo de cooperación entre o Partido de Centro Estoniano e o partido político dominante en Rusia, Rusia Unida, probablemente contribuíu ao éxito no electorado étnico ruso.[15][16] Así, gobernou en solitario na cidade de Talín, co liderado de Jüri Ratas, un político de 27 anos elixido alcalde de Talín en novembro de 2005. Foi substituído por Savisaar en abril de 2007.[17] Tamén gobernou, en coalición, noutras 15 localidades importantes de Estonia como Pärnu, Narva, Haapsalu e Tartu. Nas eleccións parlamentarias estonianas de 2007, o partido recibiu 143.528 votos (o 26,1 % do total), unha mellora do 0,7 %. Obtiveron 29 escanos, un aumento dun escano en comparación coas eleccións de 2003, aínda que debido ás desercións de 2004, que diminuíran a súa forza, gañaron 10 escanos. Agora son o segundo partido máis grande do Parlamento e o maior partido da oposición.

O 16 de xuño de 2007, Edgar Savisaar e Jaan Õmblus publicaron unha proposta sobre como mellorar o que consideran a crise económica de Estonia e, pouco despois, en 2008, o partido criticou as políticas de Andrus Ansip, que, na opinión do Partido de Centro, contribuíron aos problemas económicos de Estonia dos últimos tempos.[18]
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, o Partido de Centro obtivo a maior cantidade de votos e dous dos seis escanos de Estonia, que foron ocupados por Siiri Oviir e Vilja Savisaar. Nas eleccións locais de 2009, o partido reforzou a súa maioría absoluta no concello de Talín. A pesar da súa maioría absoluta, formou unha coalición co Partido Socialdemócrata. As enquisas recentes suxerían que o partido era particularmente popular entre a minoría rusofalante de Estonia.[19]
O 9 de abril de 2012, oito membros destacados do Partido de Centro decidiron abandonar o partido, alegando frustración cos seus intentos de traer apertura e transparencia á dirección do partido. Anteriormente, o deputado Kalle Laanet fora expulsado o 21 de marzo polas súas críticas á dirección do partido. Entre os políticos saíntes estaban os eurodeputados Siiri Oviir e Vilja Savisaar-Toomas, os deputados Inara Luigas, Lembit Kaljuvee, Deniss Borodich e Rainer Vakra, así como Ain Seppik e Toomas Varek.[20]
Nas eleccións locais do 20 de outubro de 2013, o Partido do Centro e o seu líder Edgar Savisaar tiveron éxito, gañando a maioría absoluta na cidade de Talín co 53 % dos votos e asegurándose 46 dos 79 escanos (2 máis que en 2009), considerablemente máis que o partido que quedou en segundo lugar, a Unión pola Patria e a Res Pública, que recibiu o 19 % dos votos e 16 escanos.[21]
O Partido do Centro Estoniano tivo un bo rendemento nas eleccións de 2015, obtendo o 24,8 % dos votos e gañando 27 escanos. O partido permaneceu na oposición ao novo goberno de Taavi Rõivas, que contaba co apoio do Partido Reformista Estoniano, o Partido Socialdemócrata e a Unión pola Patria e a Res Publica.
No outono de 2016, Savisaar dimitiu como líder do partido e Jüri Ratas foi elixido no seu lugar. En novembro de 2016, o Partido Socialdemócrata e a Unión pola Patria retiráronse da coalición gobernante e, xunto co Partido de Centro Estoniano, presentaron unha moción de censura contra o goberno. O 9 de novembro de 2016, o Riigikogu (Parlamento) aprobou a moción por 63 votos a favor e 28 en contra, e Rõivas que se viu obrigado a dimitir. En conversas posteriores de coalición, o Partido de Centro, o SDE e o IRL formaron unha nova coalición liderada polo líder do Partido de Centro, Jüri Ratas, e o novo goberno tomou posesión o 23 de novembro.[22][23]
Eleccións parlamentarias de 2019
[editar | editar a fonte]
Nas eleccións de 2019, o Partido de Centro perdeu apoio, mentres que o opositor Partido Reformista Estoniano gañou terreo e gañou as eleccións. Despois das eleccións, o líder do Partido de Centro, Jüri Ratas, rexeitou unha oferta do Partido Reformista para conversas de coalición e entrou en conversas con Isamaa e EKRE. Este último era considerado, de xeito xeral, como un partido de extrema dereita e Ratas, durante a campaña electoral, descartara formar unha coalición con EKRE debido ás súas opinións hostís.[24] Porén, a inclusión de EKRE nas conversas de coalición postelectorais recibiu críticas tanto a nivel local como internacional e, como consecuencia, nunha enquisa realizada pouco despois do comezo das conversas de coalición, o resultado amosaba que o partido de Jüri Ratas perdera aínda máis apoio.[25][26][27]
Os críticos da decisión afirmaron que Ratas estaba disposto a sacrificar os valores do seu partido, a confianza dos seus votantes e a estabilidade e a reputación do país para manter o seu cargo como primeiro ministro. Ratas respondeu que o seu primeiro deber era atopar xeitos de incluír o seu partido no goberno para que puidese traballar en beneficio dos seus votantes, e que a coalición continuaría apoiando firmemente á UE e á OTAN e enviando mensaxes de tolerancia.[28][29]
Algúns membros clave e candidatos populares do partido criticaron a decisión, e Raimond Kaljulaid dimitiu da xunta directiva do partido en protesta. Yana Toom, membro do partido e o seu representante no Parlamento Europeo, tamén criticou a decisión. Mihhail Kõlvart, popular entre os votantes de fala rusa, dixo que o Partido de Centro non podía gobernar coa estratexia de EKRE.[30][31][32] O 5 de abril de 2019, Raimond Kaljulaid anunciou a súa decisión de dimitir do partido e ocupar o seu escano como membro independente do Parlamento.[33]
Coalición de goberno (2021–2022)
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2021, tras a dimisión de Jüri Ratas como primeiro ministro, Kallas formou un goberno de coalición co Partido de Centro, converténdose na primeira muller primeira ministra de Estonia.[34] Non obstante, o 3 de xuño de 2022, Kallas destituíu os sete ministros afiliados ao Partido de Centro,[35] gobernando nun goberno minoritario ata que se formou unha nova coalición sen o Partido de Centro o 8 de xullo, mais incluíndo ao Partido Socialdemócrata e Isamaa.[36]
Na oposición (2022–presente)
[editar | editar a fonte]Nas eleccións parlamentarias de 2023, o Partido do Centro recibiu o 15,3 % dos votos e 16 escanos no Riigikogu[37] e pasou á oposición.[38] Tras unha doazón do empresario Parvel Pruunsild que dividiu a xunta directiva do partido e levou a un congreso especial, o líder do partido, Jüri Ratas, anunciou a súa intención de non volver presentarse á dirección.[39] Tras o anuncio, deu seu apoiou a Tanel Kiik como seu sucesor[40] mais, de súpeto, o alcalde de Talín, Mihhail Kõlvart, declarou que presentaba a súa candidatura á dirección.[41] Os expertos especularon que as eleccións serían as máis importantes da historia do partido, xa que Kiik foi percibido como representante da á liberal e de fala estoniana do partido, mentres que Kõlvart foi visto como a representación da á conservadora e de fala rusa.[42][43][44][45] Kõlvart gañou as eleccións á dirección con 543 votos fronte aos 489 de Kiik, sendo elixido o terceiro líder na historia do partido.[46]
En setembro de 2023, Kõlvart gañou as eleccións para o liderado do Partido do Centro. A súa vitoria marcou un cambio significativo na dirección do partido, que optou por centrarse máis na súa base electoral rusófona e desprazouse cara a posicións socialmente conservadoras e economicamente sincréticas, co partido convertido en un nicho específico da minoría rusa concentrada na capital, Talín, e no condado de Ida-Viru.[47][48][49] Como resultado, nos meses seguintes, o anterior líder do partido, Jüri Ratas, e varios outros membros do partido desertaron a outras forzas políticas, deixando o Partido do Centro cun terzo da súa representación parlamentaria inicial (a só 6 deputados) e cunha posición cada vez máis débil nas seguintes enquisas de opinión.[50][51][52]
En troques, en agosto de 2024, Jaak Madison, eurodeputado e ex membro do Partido Popular Conservador de Estonia, uniuse ao Partido do Centro.[53] Madison rexeitou as acusacións de que o partido era prorruso e declarou que desexaba reorientar o partido como un partido popular conservador.[54]
O 14 de setembro de 2024, o partido retirouse do Partido da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa,[55] alegando unha diverxencia política sobre cuestións de integración europea entre o Partido de Centro e o ALDE.[56] O 14 de marzo de 2026, o Partido de Centro votou a favor de solicitar a adhesión ao Partido dos Conservadores e Reformistas Europeos.[57]
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]O Partido de Centro Estoniano foi descrito como un partido socioliberal,[2][58][59] ou conservador de esquerdas,[60] que está a favor da economía social de mercado,[61] e tamén foi cualificado como populista.[62][63][64][65] Outros autores describen a súa posición política como centrista,[66][67] de centroesquerda,[68] ou de esquerdas,[69][70][71]xa que combina elementos populistas de esquerdas e socioliberalismo.[72]
O partido declarou que o seu obxectivo é a formación dunha clase media forte en Estonia. O Partido de Centro declárase un "partido liberal de clase media"; non obstante, no contexto das políticas economicamente liberais de Estonia, o Partido de Centro ten a reputación de ser máis inclinado á esquerda. Isto a pesar do feito de que o partido mantén posicións consideradas contrarias ao liberalismo social nunha serie de cuestións. Por exemplo, o partido suxire que Estonia debería restablecer deliberadamente as sancións penais pola posesión de mesmo pequenas cantidades de substancias ilegais.[73] Igualmente, dentro da facción parlamentaria do Partido de Centro non se chegou a un acordo sobre a súa postura con respecto ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo,[74] que tradicionalmente apoian os socialiberais. Nun programa de radiodifusión pública estoniana, "Foorum", o deputado do Partido Reformista estoniano, Remo Holsmer enumerou as ideoloxías doutros tres partidos políticos representados no Parlamento, pero non puido nomear a posición ideolóxica do Partido de Centro. A deputada do Partido de Centro, Kadri Simson intentou aclarar que a ideoloxía do Partido de Centro é simplemente "Partido de Centro", é dicir, unha ideoloxía única independente doutras establecidas.
Historicamente, o partido foi o partido máis popular entre os cidadáns de fala rusa.[75][76] En 2012, contaba co apoio de ata o 75 % dos non estonianos de orixe étnica.[77]
Os críticos acusaron o seu líder máis carismático, Edgar Savisaar, de autoritarismo ata que se elixiu un novo líder, Jüri Ratas, en 2016.
Representación en Europa
[editar | editar a fonte]O Partido de Centro Estoniano ten dende as eleccións ao Parlamento Europeo de 2024, dous membros no Parlamento Europeo, un dos cales forma parte do grupo Anovar Europa e o outro do Grupo dos Conservadores e Reformistas Europeos.[53][78] No Comité Europeo das Rexións, o Partido de Centro Estoniano forma parte do grupo Anovar Europa, cun membro titular e un suplente para o mandato 2020-2025.[79] Andres Jaadla é o coordinador adxunto da Comisión COTER.
Presidentes
[editar | editar a fonte]- Edgar Savisaar (1991–1995)
- Andra Veidemann (1995-1996)
- Edgar Savisaar (1996-2016)
- Jüri Ratas (2016–2023)
- Mihhail Kõlvart (2023–)
O 10 de setembro de 2023, Mihhail Kõlvart foi elixido líder do partido nunha conferencia especial celebrada en Paide. Recibiu 543 votos (51,91%), derrotando a Tanel Kiik, que recibiu 489 votos (46,75%).[12]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Elecciones parlamentarias
[editar | editar a fonte]| Elección | Líder | Votos | Escanos | ± | Escanos /
Posición |
Goberno | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Votos | % | ± pp | Posición | ||||||
| 1992 | 56.124 | 12,25 | – | 3º | 15 / 101 |
Oposición (1992-1995) | |||
| 1995 | Edgar Savisaar | 76.634 | 14,17 | 2º | 16 / 101 |
Coalición (1995-1999) | |||
| 1999 | 113.378 | 23,41 | 1º | 28 / 101 |
Coalición (1999–2003) | ||||
| 2003 | 125.709 | 25,40 | 1º | 28 / 101 |
Oposición (2003-2007) | ||||
| 2007 | 143.518 | 26,08 | 2º | 29 / 101 |
Oposición (2007-2011) | ||||
| 2011 | 134.124 | 23,32 | 2º | 26 / 101 |
Oposición (2011-2015) | ||||
| 2015 | 142.442 | 24,81 | 2º | 27 / 101 |
Coalición (2016–2019) | ||||
| 2019 | Jüri Ratas | 118.561 | 23,10 | 2º | 26 / 101 |
Coalición (2019-2023) | |||
| 2023 | 93.243 | 15,28 | 3º | 16 / 101 |
Oposición (2023- ) | ||||
Elecciones ao Parlamento Europeo
[editar | editar a fonte]| Data | Votos | Posición | % | +/- | Deputados | +/- | Grupo europeo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2004 | 40.704 | 2º | 17,53 | 1 / 6 |
ALDE | ||
| 2009 | 103.506 | 1º | 26,07 | 2 / 6 |
|||
| 2014 | 73.419 | 2º | 22,4 | 1 / 6 |
|||
| 2019 | 47.819 | 3º | 14,39 | 1 / 7 |
Anovar Europa | ||
| 2024 | 45.767 | 5º | 12,4. | 1 / 7 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Plakans (2011), p. 424
- 1 2 3 Nordsieck (2019)
- ↑ Santana, Andrés; Zagórski, Piotr; Rama, José (2020). "At odds with Europe: explaining populist radical right voting in Central and Eastern Europe". East European Politics (en inglés) 36 (2): 288–309. ISSN 2159-9165. doi:10.1080/21599165.2020.1737523.
- ↑ Redacción (14 de marzo de 2026). "Center Party urges fuel VAT cut, votes to join European Conservatives". err.ee (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2026.
- 1 2 "Eesti Keskerakonna ajalugu". keskerakond.ee (en estoniano). Consultado o 9 de abril de 2026.
- ↑ Kann, Lemmi (12 de outubrode 2016). "Jüri Ratas kandideerib Keskerakonna esimehe kohale". le.ee (en estoniano). Consultado o 9 de abril de 2026.
- ↑ "Eesti Keskerakonna ajalugu". keskerakond.ee (en estoniano). Consultado o 13 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (20 de novembro de 2016). "Jüri Ratas sai president Kaljulaidilt ülesande valitsuse moodustamiseks". kanal2.ee (en estoniano). Consultado o 9 de abril de 2026.
- ↑ "Jüri Ratas succède à Edgar Savisaar à la présidence du Parti du centre : une nouvelle ère s’ouvre dans le paysage politique estonien !". estonie-au-quotidien.over-blog.com (en francés). 8 de novembro de 20116. Consultado o 9 de abril de 2026.
- ↑ Mäe, Indrek (4 de novembro de 2016). "Keskerakonna uus esimees on Jüri Ratas". aripaev.ee (en estoniano). Consultado o 9 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (24 de novembro de 2023). "EPL-i Eesti mõjukate esikolmik: Kaja Kallas, Tarmo Jüristo, Mihhail Kõlvart". err.ee (en estoniano). Consultado o 9 de abril de 2026.
- 1 2 Redacción (10 de setembro de 2023). "Keskerakond valis uueks juhiks Mihhail Kõlvarti". err.ee (en estoniano). Consultado o 9 de abril de 2026.
- ↑ Day (2002), p. 165
- ↑ Sikk (2011), p. 60
- ↑ Redacción (8 de novembro de 2016). "Overview: Center Party’s cooperation protocol with Putin’s United Russia". err.ee (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2026.
- ↑ Duvold (2017), p. 138
- ↑ "New Estonian Parliament takes a seat". baltictimes.com (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2026.
- ↑ "Riigi majanduspoliitilised meetmed majanduskriisi tingimustes, Edgar Savisaar ja Jaan Õmblus". kesk.eurorscg4d.ee (en estoniano). 19 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2008. Consultado o 13 de abril de 2026.
- ↑ BNS (29 de agosto de 2010). "Keskerakond on jätkuvalt muulaste seas populaarseim erakond". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (9 de abril de 2012). "Eight Top-Ranking Members to Leave Centre Party". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ "Valimistulemused". eestielu.delfi.ee (en estoniano). 21 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (9 de novembro de 2016). "Prime Minister loses no confidence vote, forced to resign". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (23 de novembro de 2016). "President appoints Jüri Ratas' government". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (22 de novembro de 2018). "Ratas peab koalitsiooni EKRE-ga võimatuks". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ NN (13 de marzo de 2019). "Kõlvart: erakonna püsimine on tähtsam kui olemine opositsioonis". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Jaagant, Urmas (14 de marzo de 2019). "Uuring: valijad eelistavad kõike muud kui Keskerakonna-EKRE-Isamaa liitu". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Virki, Tarmo (11 de marzo de 2019 [actualizdo o 12 d emarzo de 2019]). "Estonian PM invites far-right to join cabinet". reuters.com (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Salu, Mikk; Moora, Erik (12 de marzo de 2019). "Jüri Ratase ränk solvumine: Keskerakonna esimees on võimu nimel kõigeks valmis". ekspress.delfi.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Kiisler, Vilja (14 de marzo de 2019). "Jüri Ratas: «See küsimus on juba eos vale»". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Ots, Mait (12 de marzo de 2019). "Kaljulaid ERR-ile: enne lõhenegu Keskerakond, kui EKRE võimule aidatakse". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (11 de amrzo de 2019). "Toom: ma ei näe EKRE-s väärilist partnerit". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (12 de marzo de 2019). "Kõlvart on EKRE's views: We cannot govern with their approach". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ redacción (5 de abril de 2019). "Raimond Kaljulaid quits Centre Party". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Euronews / AP (24 de xaneiro de 2021). "Estonia politics: Kaja Kallas to become Baltic nation's first female prime minister". euronews.com (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (3 de xuño de 2022). "Estonian prime minister dismisses junior coalition partner from government". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (8 de xullo de 2022). "Reform, SDE, Isamaa strike coalition agreement". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ "Success for liberal parties, and populists lose in Estonian parliamentary elections". robert-schuman.eu (en inglés). 17 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2023. Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Tanner, Jari (12 de abril de 2023). "Estonia’s Parliament approves PM Kaja Kallas’ 3rd Cabinet". apnews.com (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Voomets, Eliisabet; Saabas, Ilmar (7 de xullo de 2023). "Juhi rollist loobuv Jüri Ratas: see oli emotsionaalselt raske otsus. Uue esimehena toetan ma Tanel Kiike". delfi.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (7 de xullo de 2023). "Ratas näeb Keskerakonna uue esimehena Tanel Kiike". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Voltri, Johannes (7 de xullo de 2023). "Kõlvart: olen valmis erakonna juhi vastutust võtma". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Krjukov, Aleksander (2 de xullo de 2023). "Kõlvart muudaks Keskerakonna konservatiivsemaks, Kiik hoiaks liberaalset joont". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Kook, Urmet (27 de xullo de 2023). "Aivar Voog: Keskerakonna uus juht ja suunavalik mõjutab ka teisi erakondi". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Linnart, Mart (8 de xullo de 2023). "Teised erakonnad ei ennusta head koostööd ei Kõlvarti ega Kiigega". err.ee. Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Jaagant, Urmas (28 de xullo de 2023). "POLIITIKARADAR. Keskerakonna otsus, millest sõltub (peaaegu) kõik (125)". ekspress.delfi.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Vasli, Karoliina (10 de setembro de 2023). "Keskerakond valis enda juhiks Mihhail Kõlvarti, ka juhatuses on Kõlvartil enamus". delfi.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2023.
- ↑ Kramer, Samuel (10 de outubro de 2023). "Doubling Down: Estonia’s Center Party Gamble on Mihhail Kõlvart". fpri.org (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (4 de xaneiro de 2024). "JUHTKIRI. Kõlvarti tragöödia". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Raiste, Anne (7 de xaneiro de 2024). "Saarts: lahkumiste laine võib Keskerakonna marginaliseerida". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Chmielewski, Bartosz (8 de febreiro de 2022). "The gradual break-up of the Estonian Centre Party". osw.waw (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (5 de xaneiro de 2024). "Keskerakonnast lahkus kuus riigikogu liiget". err.ee. Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (29 de xaneiro de 2024). "Jüri Ratas lahkus Keskerakonnast ja liitub Isamaaga". err.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- 1 2 Redacción (22 de agosto de 2024). "MEP, former EKRE MP joins Center Party". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Sildvee, Reimo (26 de agosto de 2024). "Newest Center member: Goal to keep Reform Party out of government after elections". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (14 de setembro de 2024). "MEP: I will stay with Renew Europe/ALDE even if Center joins eurosceptic group". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ BNS (16 de setembro de 2024). "Center Party leaving ALDE group in European Parliament". postimees.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (14 de marzo de 2026). "Center Party urges fuel VAT cut, votes to join European Conservatives". err.ee (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Redacción (25 de xaneiro de 2021). "Estonia’s new government to be sworn in this week". bnn-news.com (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Bakke (2010), p. 79
- ↑ Mölder, Martin (7 de marzo de 2019). "Keskerakond ja vene valijad". martinmolder.com (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Olesk, Peeter (20 de xullo de 2017). "Peeter Olesk. Mis on Keskerakonna ideoloogia?(26)". ohtuleht.ee (en estoniano). Consultado o 16 de abril de 2026.
- ↑ Keude (2014), p. 121
- ↑ Bugajski & Teleki (2007), p. 192
- ↑ Huang (2005), p. 89
- ↑ Lust, Aleksander (2 de xaneiro de 2017). "Broken rails: the privatisation of Estonian railways". Post-Communist Economies (en inglés) 29 (1): 71–89. doi:10.1080/14631377.2016.1237041.
- ↑ Plakans (2011), p. 424
- ↑ Boros et alii (2016), p. 27
- ↑ Lauristin & Hansson (2019), p. 27
- ↑ Jakobson (2012), pp. 25, 59
- ↑ Greenberg (2009), p. 32.
- ↑ Santana, ; , (). "". . 19 (5). : 13. doi:, Andrés; Rama, José (2018). "Electoral support for left wing populist parties in Europe: addressing the globalization cleavage". European Politics and Society (en inglés) (Taylor & Francis) 19 (5): 558–576. doi:10.1080/23745118.2018.1482848.
- ↑ Saarts, Tõnis (2015). "Persistence and decline of political parties: the case of Estonia". East European Politics 31 (2): 214.
- ↑ Raun, Alo (26 de xuño de 2021). "Yana Toom: narkomaane peab karmimalt karistama". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Pors, Merje (6 de outubro de 2011). "Keskerakond ei jõua partnerlusseaduse osas kokkuleppele". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 14 de abril de 2026.
- ↑ Aidarov & Drechsle (2011), p. 54
- ↑ Sebald, Christoph; Matthews-Ferrero, Daniel; Papalamprou, Ery; Steenland, Robert (14 de maio de 2019 [actualizado o 29 de setembro de 2024]). "EU country briefing: Estonia". euractiv.com (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ Kangro, Karin (23 de setembro de 2012). "Keskerakond on mitte-eestlaste seas jätkuvalt populaarseim partei". postimees.ee (en estoniano). Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ "Jana TOOM". europarl.europa.eu (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ "Miembros del CDR". memberspage.cor.europa.eu (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aidarov, Aleksandr; Drechsler, Wolfgang (2011). "The Law & Economics of the Estonian Law on Cultural Autonomy for National Minorities and of Russian National Cultural Autonomy in Estonia". Halduskultuur – Administrative Culture (en inglés) 12 (1): 43–61. Consultado o 7 de maio de 2026.
- Bakke, Elisabeth (2010). "Central and East European Party System since 1989". En Ramet, Sabrina P. Central and Southeast European Politics since 1989 (en inglés). Cambridge University Press. pp. 64–90. ISBN 978-1-139-48750-4.
- Boros, Tamás et alii (2016). The State of Populism in Europe (PDF) (en inglés). Bruxelas: Foundation for European Progressive Studies. ISSN 2498-5147.
- Bugajski, Janusz; Teleki, Ilona (2007). Atlantic Bridges: America's New European Allies (en inglés). Rowman and Littlefield Publishers. ISBN 9780742549111.
- Day, Alan John (2002). Political parties of the world (en inglés). Londres: John Harper. ISBN 978-0-9536278-7-5.
- Duvold, Kjetil (2017). "When Left and Right is a Matter of Identity: Overlapping Political Dimensions in Estonia and Latvia". En Makarychev, Andrey; Yatsyk, Alexandra. Borders in the Baltic Sea Region: Suturing the Ruptures (en inglés). Londres: Palgrave / MacMillan. pp. 125–147. ISBN 978-1-352-00014-6.
- Greenberg, Deena (2009). The Flat Tax: An Examination of the Baltic States (tese) (en inglés). Philadelphia, PA: University of Pennsylvania.
- Huang, Mel (2005). "Estonia". En Frucht, Richard. Eastern Europe: An Introduction to the People, Lands and Culture (vol. I) (en inglés). Santa Barbara, Ca: ABC-CLIO. pp. 61–112. ISBN 1-57607-800-0.
- Lauristin, Marju; Hansson, Sten (2019). "Estonia". En Gregor, Miloš; Eibl, Otto. Thirty Years of Political Campaigning in Central and Eastern Europe (en inglés). Springer International. pp. 27–48. ISBN 978-3-03-027693-5.
- Lust, Aleksander (2 de xaneiro de 2017). "Broken rails: the privatisation of Estonian railways". Post-Communist Economies (en inglés) 29 (1): 71–89. doi:10.1080/14631377.2016.1237041.
- Nordsieck, Wolfram (2019). "Estonia". Parties and Elections in Europe (en inglés) (3ª ed.). Books on Demand. ISBN 9783732292509.
- Keudel, Dorothea (2014). Government formation in Central and Eastern Europe: the case of minority governments (en inglés). Opladen: Budrich UniPress. ISBN 978-3-86388-237-2.
- Plakans, Andrejs (2011). A Concise History of the Baltic States (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press.
- Sikk, Allan (2011). "Force Mineure? The Effects of the EU on Party Politics in a Small Country: The Case of Estonia". En Haughton, Tim. Party Politics in Central and Eastern Europe: Does EU membership matter? (en inglés). Londres: Routledge. pp. 56–78. ISBN 9780415567497.