Partido Obreiro Francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Partido Obreiro Francés (en francés: Parti Ouvrier Français (POF)) foi o primeiro partido socialista marxista de Francia. Foi fundado no Congreso obreiro de Marsella de 1879. Significou a primeira expresión política do marxismo francés, na súa versión máis mecanicista.

En 1882 no Congreso de Saint-Étienne a sección socialista reformista do partido, dirixida por Paul Brousse, escíndese e forma o Partido Obreiro Socialista Revolucionario (POSR), de carácter reformista, que participaba na construción do Estado liberal burgués.

En 1901 o POF uniuse con outras forzas socialistas (como o POSR de Paul Brousse) para formar o Partido Socialista de Francia.

En 1905, o Partido Socialista de Francia e o Partido Socialista Francés de Jean Jaurès uníronse para formar a Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]