Parsippany-Troy Hills, Nova Jersey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Municipalidade de Parsippany-Troy Hills no Condado de Morris, no Estado de Nova Jersey

Parsippany-Troy Hills é un municipio do Condado de Morris, Nova Jersey, Estados Unidos. Aínda que este é o nome oficial, a meirande parte dos residentes e as referencias en Internet aparecen simplemente como Parsippany. Tanto Parsippany coma Troy Hills responden a localidades do municipio. O nome de Parsippany procede da palabra parsipanong, que na lingua nativa dos indios Lepane significa "o lugar onde o río serpea polo val".

Segundo o censo do ano 2000, a municipalidade tiña unha poboación de 50.649 habitantes. [1]

Parsippany-Troy Hills converteuse en municipio pola lei aprobada polo estado de Nova Jersey o 12 de marzo de 1928 a partir dunha porción da municipalidade de Hanover, con base nos resultados do referendo do 9 de maio de 1928.[2]

Parsippany-Troy Hills foi recoñecido pola magazine Money no posto 17 dos Mellores lugares para vivir nos Estados Unidos e no primeiro dos lugares de Nova Jersey[3].

Xeografía[editar | editar a fonte]

Lago Rainbow, Parsippany

Segundo o Oficina do Censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau), o municipio ten unha área total de 65,80 km² (25,40 millas cadradas). Deles, 62 km² é terra e 3,80 km² de auga (o 5,82%).

Demografía[editar | editar a fonte]

O censo do 2000 recolle unha poboación de 50.649 persoas, 19.624 fogares, e 13.167 familias residentes no concello. A densidade de poboación era de 816 habitantes por km². Rexistra tamén 20.066 vivendas e unha densidade media de 323 casas por km².

A conformación racial do municipio era dun 74,28% de brancos, 3,11% afroamericanos, 0,12% de indios americanos, 18,06% Asiáticos, 0.06% de oceánicos, 1.90% de outras razas, e 2.48% de dúas ou máis razas. O 6.98% da poboación declárase hispánico ou latino de calquera raza.

Dos 19.624 fogares, o 29.5% ten fillos de menos de 18 anos vivindo con eles, o 56.2% eran matrimonios ou parellas, o 7.6% eran mulleres sen marido, e o 32.9% eran non-familias. O 27.1% de todos os donos das casas estaban conformadas por individuos e o 6.7% eran persoas maiores vivindo soas de máis de 65 anos de idade. A familia media consistía en 3,13 individuos.

A poboación consta destes treitos demográficos: 21.0% con menos de 18 anos, 6.7% entre 18 e 24, 35,2% entre 25 e 44, 25,9% entre 45 e 64, e 11,2% de 65 anos ou máis. A idade media é de 38 anos. Por cada 100 mulleres hai 97,8 homes. Por cada 100 mulleres de máis de 18 anos hai 94,7 homes.

Os ingresos medios por fogar no municipio de Parsippany é de 68.133 dólares, e os ingresos medios por familia son de 81.041 dólares. Os homes teñen uns ingresos medios de 51.175 dolares por 38.641 das mulleres. A renda per capita do concello era de 32.220 dólares. O 2.6% das familias e o 3.9% da poboación están por debaixo da liña de pobreza, incluídos o 4.0% dos menores de 18 anos e o 6.3% de 65 ou máis.

Casa en Parsippany


Goberno local[editar | editar a fonte]

A forma de goberno do concello é similar á dos gobernos federal e estatal. Réxese pola Faulkner Act (tamén coñecida como Optional Municipal Charter Law). O alcalde e o concello son elixidos por separado. O alcalde funcio xefe executivo e o concello ten funcións lexislativas.2

Parsippany é un dos poucos municipios de Nova Jersey cun alcalde a tempo completo. O actual alcalde, Michael Luther, gaña un salario de 107.000 dólares. O seu pai, Henry Luther, foi o segundo alcalde de Parsippany de 1966 a 1973. Mayor Michael Luther, demócrata, gañou as eleccións por unha lixeira vantaxe co apoio de certos grupos de republicanos contrarios a unha moratoria no desenvolvemento do municipio. Michael Spector, candidato do Partido Verde e o independente Roy Messmer tamén se presentaron ás eleccións.

Educación[editar | editar a fonte]

O Distrito Escolar de Parsippany-Troy Hills School conta coas seguintes escolas:

Elementary Schools (Graos K-5)

Middle Schools (Graos 6-8)

High Schools (Graos 9-12)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. If You're Thinking of Living in: Parsippany-Troy Hills, The New York Times, February 23, 1992
  2. "The Story of New Jersey's Civil Boundaries: 1606-1968", John P. Snyder, Bureau of Geology and Topography; Trenton, New Jersey; 1969. p. 195.
  3. Best Places to Live 2006, Money magazine, accessed August 7, 2006

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]