Parrulo cristado
| Parrulo cristado | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Aythya fuligula Carl von Linné 1758 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Tamaño da niñada
| |||||||||||
| Conservación | |||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Endémico en
Reserva de Asan
Parque Nacional de Kaziranga Loktak Lake (en) Dzuluk (en) Mukutmanipur Dam (en) Maguri Motapung Beel (en) Orang National Park (en) Nameri National Park (en) Dibru-Saikhowa National Park (en) Dipor Bil (en) Digholi Beel (en) Bandhi (en) Gajoldoba (en) Thol Lake (en) Pani Dihing Wildlife Sanctuary (en) Kyongnosla Alpine Sanctuary (en) Jaldapara National Park (en) Pequeno Rann of Kutch (pt) Santragachi Jheel (en) Purbasthali (en) Sunderbans Wildlife National Park (en) Sela Pass (en) | |||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||
| Dimensións | |||||||||||
|
Masa
56 g peso de nacemento | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Anseriformes | ||||||||||
| Familia | Anatidae | ||||||||||
| Subfamilia | Aythyinae | ||||||||||
| Xénero | Aythya | ||||||||||
| Especie | A. fuligula | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||

O parrulo cristado,[1][2] comunmente pato negrón,[3] negrón de carapucha[3] e coronete,[3] (Aythya fuligula) é un anátido mergullador de pequeno tamaño.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os machos adultos son negros, cos lados brancos e o peteiro de cor azul, cunha crista de plumas na cabeza que lle dá o nome á especie. Os ollos son amarelos brillantes.
As femias adultas son castañas cos lados máis pálidos, moi semellantes ás femias doutras especies próximas. Algunhas teñen unha marca branca ó redor do bico.

Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Cría en zonas temperadas e do norte de Eurasia. Aparece como visitante ocasional nas costas dos Estados Unidos e o Canadá. Ocuparon Centroeuropa no século XVIII procedentes do oeste e do norte. A expansión que está a sufrir a súa area de distribución atribúese ao aumento das poboacións de mexillóns de auga doce e á aparición de superficies acuáticas novas como consecuencia da extracción de áridos. Os máis dos exemplares son migratorios e pasan os invernos nas zonas máis mornas do oeste e sur de Europa e sur de Asia. Nalgunhas zonas, coma nas illas británicas, as costas do mar do Norte, Alemaña, Francia, Polonia e o Benelux son sedentarios. No inverno forman grandes bandadas en augas abertas.
Vive a carón de lagos e pantanos, pero atópase tamén en ríos, lagoas costeiras, na beira do mar e en estanques urbanos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Cría en áreas con moita vexetación preto de lagos e pantanos. Fai o niño no chan, agochado entre as plantas. A época reprodutora vai de xuño a xullo e crían os polos ata agosto.
Alimentación
[editar | editar a fonte]O 60% da súa dieta componse de mexillóns e caracois, un 30% de artrópodos e outros animais pequenos, e o resto de vexetais. Cando busca comida pode mergullarse ata os dous metros de profundidade. En xeral, os pitos son alimentados exclusivamente de insectos.
Status
[editar | editar a fonte]En Europa crían entre 250.000 e 300.000 parellas. En Rusia entre 400.000 e 500.000.
Ave de adorno
[editar | editar a fonte]O parrulo cristado, que é unha especie de parrulo atractiva, áxil e fácil de coidar, é unha ave decorativa en parques desde hai moito tempo. No século XVII estaba presentes nos xardíns de Versalles e Londres. En 1848 no zoo londiniense criáronse os primeiros polos nados en catividade.
Nome común noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán:Reiherente
- Búlgaro: Kachulata potapnitsa (Качулата потапница)
- Checo:Polák chocholačka
- Danés:Troldand
- Inglés: Tufted Duck
- Español: Porrón moñudo
- Estoniano: Tuttvart
- Finés Tukkasotka
- Francés: Fuligule morillon
- Húngaro:Kontyos réce
- Islandés: Skúfönd
- Italiano:
- Neerlandés: Kuifeend
- Noruegués: Toppand
- Sueco: Vigg
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Forma preferida polo bUSCatermos, toma como referencias: "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parrulo cristado |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-85223-650-7
- Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1
