Parques nacionais de Namibia
A administración e organización da conservación da natureza en Namibia está a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e Turismo. En 2013 estaban baixo protección estatal directa 138 163,7 km², algo menos do 16,8 % do territorio do país.[1]
Ademais, outros 177 435 km² (aproximadamente o 21,5 % da superficie) están baixo protección parcial do Estado (as denominadas Conservancies).
- Parque nacional de Mudumu, creado en 1990 na franxa de Caprivi, 1 009 km², sabana, bosque de mopame e unha zona pantanosa xunto ao río Cuando, no límite suroccidental do parque, sitatungas, elefantes, búfalos, hipopótamos, cudús, crocodilos, etc.
- Parque nacional de Mamili, creado en 1990, 320 km², en dúas illas en dous ríos na prolongación sur de Caprivi, a iila de Nkasa non é accesíbel por estrada, sabana arborada con acacias, 600 mm, entre 5 e 35 °C; zona de paso entre Namibia e Botsuana, elefantes e búfalos.[2]
- Parque nacional de Bwabwata, creado en 2007, 6 100 km², na franxa de Caprivi, entre os ríos Okavango e Cuando, vexetación baixa con dunas, zonas inundábeis en época de chuvias, xuncos e papiros, palmeiras, zona de paso de elefantes entre Botsuana e Angola; licaóns, antílopes, hipopótamos, leóns, etc.
- Parque nacional de Dorob, creado en 2010, 1 610 km² na costa central de Namibia. Ao sur está o Parque nacional de Namib-Naukluft, e ao norte o da Costa dos Esqueletos, xusto ao norte da rserva de focas do cabo Cross. Como na Costa dos esqueletos hai hienas, oryx, cebras e 270 especies de aves.
- Parque nacional Etosha, creado en 1907, 22 270 km², bosque baixo con matogueira, sabana e lagoas salgadas secas, bosque de mopane, charcas; todos os mamíferos africanos grandes e depredadores.
- Parque nacional Costa dos Esqueletos, creado en 1971, 16 845 km², costa noroeste de Namibia, area entre montañas e o océano, só aberto aos vehículos a metade sur, até o río Ugab. Enlaza polo norte co Parque nacional de Iona, en Angola, de 15 150 km², para formaren a Área de Conservación Transfronteiriza de Iona-Costa dos Esqueletos.
- Parque nacional de Khaudom, creado en 1989, 4 000 km², ao sur da franxa de Caprivi, na fronteira con Botsuana, sabana arborada e e matgueira, elefantes, leóns, licaóns, leopardos, cudús, oryx, etc.[3]
- Parque nacional de Mangetti, creado en 2008, 420 km², no norte, na rexión de Kavango; sabana arborada e matogueira, antílopes, hienas, licaóns, leopardos, etc.[4]
- Parque nacional de Namib-Naukluft, creado en 1979, 49 768 km², centro-sur do país, xunto ao océano, dunas xigantes; lugar máis coñecido: Sossusvlei; neéboa, 100 mm de precipitación anual aproveitada polos escaravellos do xénero Stenocara. Tamén órices do Cabo.
- Parque Nacional de Sperrgebiet, creado en 2004, 26 000 km², desde a costa atlántica até 100 km no interior, nunha zona do deserto do Namib de acceso prohibido en gran parte pola explotación de diamantes, cerca de Luderitz; éntrase polo pobo fantasma de Elizabeth Bay. No sur están as bocas do río Orange, sitio Ramsar de aves; no deserto, plantas endémicas suculentas.[5]
- Parque nacional de Waterberg, creado en 1972, 405 km², no centro de Namibia, na meseta de Waterberg, elevación no medio do Kalahari, 1600-1700 m, 200 m de desnivel, case inaccesíbel salvo polo nordeste, rinocerontes negro e branco, búfalos, xirafas, cudús, antílopes etc.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "State of Protected Areas in Namibia" (PDF). Ministry of Environment and Tourism. MET. 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Nkasa Rupara NP (Mamili)". Nkasalupalalodge. com. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Khaudum National Park". Ministry of Enviroment and Tourism, Namibia. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Mangetti National Park". Ministry of Environment & Turism. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "The Sperrgebiet National Park". The Cardboard Box, Namibia. Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Waterberg Plateau". Namibia. The Cardboard Box. Consultado o 21 de xullo de 2022.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parques nacionais de Namibia |