O 16 de maio de 2003 ampliouse, pasando a ocupar a superficie actual, 5067 hectáreas.[2] É o núcleo da reserva da biosfera que engloba toda a illa, declarada de interese internacional en 1993.[3]
Distínguense tres áreas: a illa d'en Colom, a zona do faro de Favàritx-prado de Morella e a lagoa e o prado da albufeira. Cada área inclúe unha gran variedade de ecosistemas: zonas húmidas, terras de cultivo e pasto, montes boscosos, comunidades litorais, cantís, dunas e numerosas praias.
↑"Decret 50/1995, de 4 de maig, pel qual es declara parc natural l'albufera des Grau, l'illa d'en Colom i el cap de Favàritx". Boletín Oficial das Illas Baleares(en catalán). 1995.