Parque nacional Nahanni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaParque nacional Nahanni
Imaxe

Localización
Mapa
 61°35′50″N 125°51′07″O / 61.5971, -125.852Coordenadas: 61°35′50″N 125°51′07″O / 61.5971, -125.852
EstadoCanadá
TerritorioTerritorios do Noroeste
División censalRegião 4 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie30.000 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Nirvana (pt) Traducir (2.773 m) Editar o valor em Wikidata
Creación1976 Editar o valor em Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data1978 (2ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (viii) Editar o valor em Wikidata
Identificador24
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor em Wikidata 616 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpc.gc.ca… Editar o valor em Wikidata
Parque Nacional Nahanni
Canón do río Nahanni.
Parque Nacional Nahanni en Canadá
Parque Nacional Nahanni
Parque Nacional Nahanni
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Canadá
Localización61°35′50″N 125°51′07″O / 61.59722, -125.85194
TipoNatural
CriteriosVII, VIII
Inscrición1978 (2ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador24

A Reserva do Parque Nacional Nahanni (Nahanni National Park Reserve) na Rexión Dehcho dos Territorios do Noroeste, Canadá, ten aproximadamente 4.766 km² e está a uns 500 km. ao oeste de Yellowknife, protexe unha parte da Rexión Natural das Montañas Mackenzie. A peza central do parque é o Río South Nahanni (Naha Dehé). Catro canóns destacados que alcanzan a profundidade de 1000 m.,,[1] chamados Primeiro, Segundo, Terceiro e Cuarto Canón, en liña neste espectacular río de augas bravas. O nome Nahanni provén do nome na indíxena lingua Dene para a zona; Nahʔa Dehé, que significa "río da terra do pobo Nahʔa",[2]:87 que algúns especulan agora poden ser os antepasados dos modernos navajos.

Caracteísticas[editar | editar a fonte]

O parque foi creado en 1976. En 1978 declarouse Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[3] a súa altitude varía de 180 a 2640 msnm.

O parque está atravesado en todo o seu curso polo río Nahanni Sur, que discorre marcado por catro grandes canóns. Na zona central do parque atópase a maior cascada de América do Norte, Virginia Falls, unha fervenza de 200 metros, o río cae desde unha altura de 92 metros, o dobre das cataratas do Niagara. No centro da fervenza asoma un penedo de orixe glacial, chamado Rocha de Mason en honra de Bill Mason, famoso piragüista, escritor e cineasta canadense. Hai unha proposta para cambiar o nome as fervenzas co nome de Pierre Trudeau, o ex primeiro ministro do Canadá.

A contorna natural do parque está formado por bosques de abetos e chopos, tundra alpina, cordilleiras, augas termais sulfurosas e un sistema de covas cársicas, e é o fogar de moitas especies de peixes, aves e mamíferos.

Hai un centro de visitantes en Fort Simpson, a cidade máis próxima onde se explican a xeografía, a cultura e a historia da rexión.

Os únicos medios prácticos para chegar ao parque son o hidroavión e o helicóptero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parks Canada. 2007. South Nahanni River Touring Guide.
  2. Parks Canada. 2002. Nahanni National Park Reserve Natural and Cultural Guide to Nahʔa Dehé
  3. "Parque Nacional Nahanni". Sector da Cultura da UNESCO. Consultado o 18 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]