Parque eólico experimental Sotavento
Parque eólico experimental Sotavento | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | parque eólico ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Localización | Serra da Loba ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O parque eólico experimental Sotavento é un parque eólico propiedade da Fundación Sotavento Galicia, situado na Serra da Loba a 10 km ao sur das Pontes de García Rodríguez, entre os concellos de Xermade (provincia de Lugo) e Monfero (provincia da Coruña), a unha altitude de 600–700 m.
Función
[editar | editar a fonte]O parque de Sotavento ten a súa orixe en 1997 como parque eólico experimental, ten como obxectivo a difusión e experimentación de tecnoloxías eólicas e enerxéticas.
- Promoción, difusión, formación, fomento e debate de tódolos aspectos relacionados coas enerxía renovables.
- Realización de probas e investigacións de tecnoloxía en enerxías renovables.
- Dar a coñecer a importancia do aforro enerxético.
- Iniciativas que dean a coñecer as enerxías renovables en particular a enerxía eólica.
Número de aeroxeradores | 24 |
Tecnoloxías presentes | 5 |
Máquinas diferentes | 9 |
Potencia nominal do parque | 17,56 MW |
Xeración anual prevista | 38.500 MWh |
Liña de 9 km ata a subestación de Mourela, de Unión Fenosa a 132 kV |
---|
Ventos predominantes do SO ou NE |
Velocidade media anual de ±7 m/s |
Función educativa
[editar | editar a fonte]Dende 2002 Sotavento e as súas instalacións son exposicións educativas permanentes. Hai visitas guiadas de estudantes e persoas interesadas en coñecer as enerxías alternativas.
En 2005 iniciouse un proxecto con Gas Natural e a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a obtención de hidróxeno construíndo no parque unha planta experimental de obtención de hidróxeno a partir da electricidade eólica.
En 2009 iniciou un proxecto de vivenda de máxima eficiencia enerxética construíndo unha vivenda unifamiliar duns 200 m² no propio parque de Sotavento onde se poden ver en funcionamento as tecnoloxías dispoñibles[1].
En decembro de 2012 o parque acadou as 200.000 visitas nos 10 anos que leva en funcionamento[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.sotaventogalicia.com/area_tecnica/galego/py_vivienda_bioclimatica.php Arquivado 17 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Eficiente da Enerxía na Edificación ENVITE
- ↑ Palacios, Xosé María (16/12/2012). "Sotavento alcanza las 200.000 visitas" La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Sotavento (en galego) (en castelán) (en inglés)