Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo
O Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo é unha área protexida transfronteiriza de 35 000 km² en proceso de creación.[1] Unirá o Parque Nacional do Limpopo (anteriormente coñecido como Coutada 16) en Mozambique, o Parque Nacional Kruger en Suráfrica, o Parque Nacional de Gonarezhou, o Santuario de Manjinji e a Zona de safari de Malipati en Cimbabue, así como a zona entre Kruger e Gonarezhou, a terra comunal de Sengwe en Cimbabue e a rexión de Makuleke en Suráfrica.
Fauna[editar | editar a fonte]
O parque acolle unha ampla gama de vida silvestre, destacando o elefante, o rinoceronte branco, a xirafa de Suráfrica, o ñu azul, o leopardo africano, o león, o guepardo, a mangosta raiada e a hiena pinta.
Dende 2005, a área está considerada como unha Unidade de Conservación do León.[2]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Un elefante cruzando a estrada no Parque Nacional Kruger.
Dúas leoas descansando despois dun intento de caza infrutuoso no Parque Nacional Kruger
O canón do río Levubu en Makuleke.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "About the Great Limpopo Transfrontier Park". greatlimpopopark.com. Archived from the original on 26 de agosto de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ IUCN Cat Specialist Group (2006). Conservation Strategy for the Lion Panthera leo in Eastern and Southern Africa. IUCN, Pretoria, Suráfica.