Saltar ao contido

Parque Natural do Suroeste Alentejano e Costa Vicentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Natural do Suroeste Alentejano e Costa Vicentina
Imaxe
Tipoparque natural
paisaxe protexida
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlentexo, Portugal e Algarve, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDistrito de Beja Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°25′34″N 8°49′13″O / 37.426056, -8.820271
Características
Superficie895,7189843 km²
89.571,89843 ha Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data31 de xaneiro de 2017
Identificador6225
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 18945 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1988 Editar o valor en Wikidata

O Parque Natural do Suroeste Alentejano e Costa Vicentina (PNSACV) é un parque natural situado no suroeste de Portugal. Ocupa unha superficie de 895,7 km² (605,8 km² na terra e 289,9 km² no mar) e é un dos últimos redutos da costa salvaxe europea.[1] Ten un dos niveis máis altos de biodiversidade do país con máis de 12 especies de plantas endémicas[2] e diversos lugares de nidificación de aves.

Territorio

[editar | editar a fonte]

O Parque Natural do Suroeste Alentejano e Costa Vicentina comprende o litoral suroeste de Portugal continental, ao sur do Alentejo Litoral e no Algarve, arredor do cabo de San Vicente. Inclúe territorios de freguesías dos seguintes concellos e distritos:[3]

Ademais da zona costeira e da submarina de 2 km, o parque inclúe o val do río Mira dende o estuario até a vila de Odemira e parte da serra do Cercal.

Na área do parque hai diversos tipos de paisaxes e hábitats naturais e seminaturais, como cantís abruptos, praias, illotes e arrecifes (incluíndo a illa do Pessegueiro e un arrecife de coral na Carrapateira), o estuario do Mira, o cabo Sardão, o alto de Sagres e o cabo de San Vicente, sistemas de dunas, uceiras, marismas salinas, estepas salgadas, lagoas temporais, barrancos (vales encaixados con densa cobertura vexetal), etc. As altitudes máximas son: 324 metros no interior (en Sâo Domingos, Odemira); e 156 m, na costa (na Torre de Aspa, Vila do Bispo). A profundidade máxima é de 32 m en 2 km no Pontal da Carrapateira (Aljezur).

  1. Bastos, Maria Rosário; Dias, João A.; Baptista, Manuela; Batista, Carla (marzo de 2012). "Ocupação do Litoral do Alentejo, Portugal: passado e presente". Revista de Gestão Costeira Integrada 12: 99–116. ISSN 1646-8872. Consultado o 31 de maio de 2021. 
  2. "Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina Nature Park". natural.pt. Consultado o 31 de maio de 2021. 
  3. "Parque Natural do Sudoeste Alentejano e Costa Vicentina". Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas, I.P. (ICNF) (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]