Parque Natural de Peñalara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O parque natural de Peñalara sitúase na comunidade de Madrid, no termo municipal de Rascafría.

Trátase dun parque natural de alta montaña, localizado na Serra de Guadarrama. A alta concentración de picos xustifican tal denominación, así, temos o Peñalara (2428 metros), Dos Hermanas (2085 metros) e Claveles (2390 metros). O relevo é de orixe terciaria, formado hai máis de 300 millóns de anos. A acción dos xeos e a erosión do vento e ríos conformaron e perfilaron a paisaxe actual. Salientar tamén a presenza de lagos de orixe glaciar.

A vexetación é rica e variada. Por debaixo dos 1600 metros dominan os freixos, acivros e piñeiros. Por enriba deste nivel os xenebreiros e piñeiros albar van deixando paso ás típicas praderías alpinas.

A zona é frecuentada por practicantes de deportes de montaña, tales coma o esquí, o esquí de fondo e o alpinismo. Presenza de dúas estacións de esquí: a de Valcotos e a de Valdesquí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía turística del canal de Isabel II. La Sierra del Agua. El Pais/Aguilar, 2005 (en castelán)