Saltar ao contido

Parque Nacional de Matsalu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional de Matsalu
(et) Matsalu rahvuspark Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoespazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaconcello de Haapsalu, Estonia, Concello de Lääne-Nigula, Estonia e Concello de Lääneranna, Estonia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 58°45′36″N 23°35′49″L / 58.76, 23.5969
Características
Superficie488,6 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Identificador104
Parque nacional de Estonia
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 1647 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación2004 Editar o valor en Wikidata

O Parque Nacional de Matsalu (estoniano: Matsalu rahvuspark e anteriormente coñecido como Reserva Natural de Matsalu) é unha reserva natural e un parque nacional que se atopa na costa oeste de Estonia, nos condados de Lääne e de Pärnu. O Parque Nacional de Matsalu ocupa unha área de 486,1 km², que comprende a baía de Matsalu, o delta do río Kasari, a aldea de Matsalu e os seus arredores.[1]

A baía de Matsalu é unha das zonas húmidas de aves máis importantes de Europa, debido á súa posición privilexiada na ruta aérea do Atlántico leste. Un gran número de aves migratorias usan Matsalu como zona de descanso.[2] Cada primavera máis de dous millóns de aves acuáticas pasan por Matsalu, das cales uns 1,6 millóns son haveldas.[3][4]

O Parque Nacional Matsalu é o fogar de varias especies en perigo de extinción, moitas das cales figuran na Lista Vermella da IUCN de Estonia, incluíndo o pigargo europeo na categoría de conservación máis alta, moitas especies de aves na segunda e na terceira categoría de protección, 22 especies de plantas fortemente protexidas, o sapo corredor e dez especies de mamíferos na segunda categoría de conservación.[5]

  1. Matsalu Rahvuspark in Estonia Protected Planet
  2. Couzens, Dominic (2009). Top 100 Birding Sites of the World. University of California Press. pp. 50–52. ISBN 978-0-520-25932-4. 
  3. "Matsalu National Park". Official home page. Consultado o 1 de outubro de 2007. 
  4. "West-Estonian plains: Migratory birds and the Matsalu Nature Reserve". Estonica. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2002. Consultado o 1 de outubro de 2007. 
  5. "Information Sheet on Ramsar Wetlands (RIS)" (PDF). Wetlands International. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2011. Consultado o 17 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]