Parque Nacional de Lahemaa
| (et) Lahemaa rahvuspark | |||||
| Tipo | espazo natural protexido | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| División administrativa | Kuusalu, Estonia, concello rural de Haljala, Estonia e concello rural de Kadrina, Estonia | ||||
| |||||
| Características | |||||
| Superficie | 748 km² | ||||
| Parque nacional de Estonia | |||||
| World Database on Protected Areas | |||||
| Identificador | |||||
| Historia | |||||
| Data de creación ou fundación | 1 de xuño de 1971 | ||||
O Parque Nacional de Lahemaa (estoniano: Lahemaa rahvuspark) é un parque nacional que se atopa na zona norte de Estonia, a uns 70 km ao leste de Talín. Limita ao norte co golfo de Finlandia e coa a autoestrada de Tallin-Narva (E20) ao sur. A súa área abrangue 747 km² (incluíndo 274,9 km² de mar).[1][2] Foi a primeira zona designada como parque nacional da antiga Unión Soviética. É o parque máis grande de Estonia e un dos maiores parques nacionais de Europa. A súa carta reclama a preservación, a investigación e a promoción das paisaxes, dos ecosistemas, da biodiversidade e do patrimonio nacional do norte de Estonia.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome Lahemaa procede da parte máis estudada e visitada da costa norte de Estonia, onde catro grandes penínsulas (Juminda, Pärispea, Käsmu e Vergi) están separadas entre si por catro baías (Kolga, Hara, Eru e Käsmu). Lahemaa tradúcese aproximadamente como "terra de baías".[2]
O parque nacional, establecido en 1971, é un dos principais atractivos turísticos de Estonia. Varias empresas ofrecen paquetes turísticos dun día desde Talín, mentres que moitas persoas conducen por si mesmas.
Con bosques que cobren máis do 70% de Lahemaa, a zona é rica en flora e fauna. A paisaxe ten moitas turbeiras elevadas, incluída a reserva Laukasoo de 7 000 anos. O parque, marcado por varios camiños, está repleto de fauna, entre a que se contan xabarís, corzos, lobos, osos e linces. A costa está cuberta de rochas e pedras, utilizadas cada ano polos grous como parada no seu camiño cara ao Bósforo e Exipto.[3]
Hai catro mansións situadas no parque nacional: a mansión de Palmse, a pintoresca mansión de Vihula, a mansión de Kolga e a mansión barroca de Sagadi,[4] a mansión máis visitada de Estonia que, xunto coas outras tres, forman un dos grupos de mansións máis insólitas do país.
Antes de 1991, a Unión Soviética tiña unha gran base submarina secreta en Hara.[5] A base foi construída na década de 1950 durante o apoxeo da guerra fría.[5] As ruínas desta antiga base submarina soviética atópanse agora enteiramente en Lahemaa, preto do faro de Lahemaa.[5]
Galería
[editar | editar a fonte]- Parada de bus de Kiiu-Aabla.
- Pedra Majakivi.
- Turbeira de Viru.
- Mansión de Palmse.
- Turbeira de Viru no inverno.
- Antiga base submarina soviética.
- Bloques erráticos preto da vila de Pärispea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lahemaa Rahvuspark in Estonia Protected Planet
- 1 2 Estonica, Lahemaa National Park: from coastal drumlins to Kõrvemaa Arquivado 2007-06-10 en Wayback Machine., Estonica, Encyclopedia About Estonia
- ↑ The Baltic coast, vídeo de Free High-Quality Documentaries, en youtube.com. For Laheema national park, see 35'30 - 38'10. Véxase 35'38 - 35'48. Para os grous, 35'48 - 38'10.
- ↑ Sagadi, Sagadi Manor, Retrieved 7 August 2012
- 1 2 3 Ryan (15 de marzo de 2015). "Take a Look Inside These Abandoned Submarines & Bases". History in Orbit website. pp. 31–3. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Lahemaa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |

