Parque Nacional de Karula
| (et) Karula rahvuspark | ||||
| Tipo | espazo natural protexido | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | concello rural de Valga, Estonia, concello rural de Antsla, Estonia e concello rural de Rõuge, Estonia | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 123,64 km² | |||
| Parque nacional de Estonia | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1979 | |||
O Parque Nacional de Karula (estoniano: Karula rahvuspark) é un parque nacional que se atopa na zona sur de Estonia. Estableceuse en 1979 como área protexida e en 1993 converteuse nun parque nacional. É o parque nacional máis pequeno de Estonia.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O parque está situado nos concellos rurais de Antsla e Rõuge (no condado de Võru) e no concello rural de Valga (no condado de Valga). O parque abarca case un terzo das terras altas de Karula e caracterízase pola súa topografía montañosa, numerosos lagos, gran biodiversidade e paisaxe cultural tradicional. A flora do parque nacional é rica, e inclúe varias especies listadas en perigo en Estonia, como a orquídea do Báltico, a Daphne mezereum e o fento Botrychium matricariifolium; este último só se atopa en tres localidades de Estonia, e Karula é unha delas. A fauna inclúe tamén especies pouco comúns e ameazadas, como o morcego Myotis dasycneme, a aguia pomarina e a cegoña negra. Entre os mamíferos destacan os alces, os linces e os furóns.[2]
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Karula National Park in Estonia Protected Planet
- ↑ "Karula National Park". Consultado o 4 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Karula |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |

