Parque Nacional Dovrefjell-Sunndalsfjella
| Tipo | Parque nacional | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Lesja, Noruega (pt) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 1.830 km² 183.006,14052 ha | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2002 | |||
O parque nacional de Dovrefjell-Sunndalsfjella atópase no oeste de Noruega.
Características
[editar | editar a fonte]O parque de Dovrefjell foi declarado no 1974 e protexía unha superficie de 25.600 hectáreas. Posteriormente no 2002 foi ampliado, e pasou a denominarse Dovrefjell-Sunndalsfjella. O terreo mostra características similares á tundra, mesturada con características propias da alta montaña. Salientar a elevación do Snohetta e a presenza dos ríos Kaldvella e Driva.
Vexetación e fauna
[editar | editar a fonte]Existen importantes endemismos botánicos coma o taraxacum dovrense ou o Papaver radicatum ssp. ovatilobum. O animal máis importante é o boi almiscreiro (ovibos moschatus), sendo Dovrefjell o único lugar en Europea onde atopar esta especie. Foi introducido no 1932, con individuos provenientes de Groenlandia. Hoxe en día a súa poboación está estabilizada e fóra de perigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional Dovrefjell-Sunndalsfjella |
