Parque Nacional Bialowieza
| Tipo | parque nacional | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | bosque de Białowieża | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Hajnówka, Polonia (pt) | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 105,173 km² | |||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio natural | |||
| Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) | |||
| Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 1992, 2004 | |||
| Identificador | 33-002 | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1932 | |||
| Cronoloxía | ||||
| 1992, 2004 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
| Sitio web | bpn.gov.pl | |||
O Parque nacional Bialowieza atópase no leste de Polonia, próximo á fronteira con Belarús.
Características
[editar | editar a fonte]Existen importantes masas de bosque primario, non afectado pola influencia humana. Estas forestas conteñen unha gran variedade de especies: dende coníferas coma o abeto e o piñeiro rubio ata especies caducifolias coma o freixo, o carballo común e o lamigueiro. O parque nacional foi creado no 1932 e conta cunha superficie de 10.500 hectáreas. Posteriormente, no 1977, a área foi declarada reserva da biosfera.
Fauna
[editar | editar a fonte]A especie emblemática do parque é o bisonte europeo (bison bonasus bonasus). Trala súa extinción en estado salvaxe, foi reintroducido na zona no 1929 e hoxe conta cunha importante poboación. Tamén podemos atopar o cervo, o castor e o lince común. Entre as aves, salientan a galiña das abeleiras, a aguia pomerana e a cegoña negra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do parque (en inglés).
