O Parlamento creouse o 9 de outubro de 1989. A sede está na aldea de Kárášjohka, no concello de Karasjok, no condado de Troms og Finnmark. Conta con 39 representantes, que son elixidos cada catro anos por voto directo de 7 circunscricións. As últimas eleccións foron en 2021. A diferenza de Finlandia, as 7 circunscricións abranguen toda Noruega. A actual presidenta é Silje Karine Muotka, que representa a Asociación Saami Norueguesa.[1]