Park Chu-Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Park Chu-Young
Park Chu-Young Celta 2012.JPG
Información persoal
Nome completoPark Chu-Young
Nacemento10 de xullo de 1985
LugarDaegu, Corea do Sur
Altura1.80 m
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualArsenal
Número30
Carreira xuvenil
2001–2003Cheonggu High School
2002→ Zico Football Center
2003Korea University
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2005–2008FC Seoul69(23)
2008–2011AS Mónaco91(25)
2011–Arsenal FC1(0)
2012–2013Celta de Vigo (cedido)21(3)
2014Watford FC (cedido)2(0)
2014–2015Al-Shabab FC7(1)
2015–FC Seoul11(3)
Selección nacional
2005–Corea do Sur61(23)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 7 de abril de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 11 de setembro de 2012.

Park Chu-Young (Hangul: 박주영, Hanja: 朴主永; e tamén coñecido como Park Ju-Young) nado o 10 de xullo de 1985 en Daegu, Corea do Sur, é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras destacar cas seleccións de Corea do Sur Sub-20 e Sub-23 e ser nomeado Futbolista Asiático Xove do Ano pola Confederación Asiática de Fútbol, en 2005 fichou polo FC Seoul da K-League de Corea do Sur, no primeiro ano marcou 18 goles sendo o segundo máximo goleador do campionato e Novato do ano. A tempada seguinte deu un pequeno baixón pero recuperou á seguinte pero unha lesión apartouno dos terreos de xogo.

En 2008 fichou polo AS Mónaco por seis millóns de euros[1], onde militou tres tempadas, na última das cales marcou 12 goles, o que o levou a fichar polo Arsenal FC o 30 de agosto de 2011 da Premier League, co equipo inglés debutou na Liga de Campións ante o Olympique de Marsella.

Tras varios reforzos do equipo londinense foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 2012/2013[2].

Coa selección absoluta[editar | editar a fonte]

Medallas olímpicas
Bronce C-1000 Londres 2012

Comezou na Selección de fútbol de Corea do Sur Sub-20 no Campionato Xuvenil da AFC 2004, onde gañou o Balón de Ouro e foi escollido Xogador máis valioso do torneo. Tamén co combinado nacional participou no Campionato Mundial Xuvenil da FIFA en 2003 e 2005. Consagrouse ante o público coreano no 2005 cando a Selección Sub-20 foi convidada a un torneo de oito equipos en Qatar, nese torneo anotou dous goles ante a China, tres contra Ucraína, dous ante Alxeria e outros dous antes Xapón.

Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2012 coma un dos tres xogadores maiores de 23 anos, onde o equipo acadou a medalla de bronce.

Na actualidade é o capitán da Selección de fútbol de Corea do Sur[3].

Notas[editar | editar a fonte]