Paraplagusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paraplagusia é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos.[1]

O xénero comprende seis especies propias da rexión Indo-Pacífica, onde se encontran comunmente en augas pouco profundas sobre fondos lamacentos ou areosos. A especie máis grande alcanza os 35 cm de lonxitude.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi creado en 1865 polo naturalista e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome Paraplagusia, o xénero foi coñecido polo sinónimo Rhinoplagusia Bleeker, 1870.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade no xénero recoñécense as seguintes 6 especies:[1][2]

Porén, algúns autores consideran unha especie máis, Paraplagusia unicolor (Macleay, 1881),[3] mentres que outros, como Kottelat, cambian o nome de Paraplagusia blochii (Bleeker, 1851) polo de Paraplagusia bleekeri Kottelat, 2013.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, EUA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]