Paramahansa Yogananda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaParamahansa Yogananda

(1946) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mukunda Lal Ghosh Editar o valor em Wikidata
5 de xaneiro de 1893 Editar o valor em Wikidata
Gorakhpur (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1952 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Calcuta
Scottish Church College (en) Traducir
Senate of Serampore College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , escritor , autobiógrafo , iogue (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Discogs: 793360 WikiTree: Ghosh-44 Find a Grave: 2074 Editar o valor em Wikidata

Paramahansa Yogananda ou Paramhansa Yogananda, nado como Mukunda Lal Ghosh en Gorakhpur o 5 de xaneiro de 1893 e finado nos Ánxeles o 7 de marzo de 1952 foi un monxe, iogui e gurú indio que introduciu millóns de persoas nas ensinanzas da meditación e do Kriya Yoga mediante a súa organización Self-Realization Fellowship (SRF) / Yogoda Satsanga Society (YSS) of India. Discípulo do gurú iogui bengalí Swami Sri Yukteswar Giri, foi enviado pola súa estirpe para expandir as ensinanzas do ioga a occidente, a probar a unidade entre as relixións occidentais e orientais e a predicar un equilibrio entre o crecemento material occidental e a espiritualidade india.[1] A súa longa influencia no movemento do ioga estadounidense e especialmente na cultura do ioga dos Ánxeles, levouno a ser considerado polos expertos en ioga como o "pai do ioga en occidente".[2][3]

Yogananda foi o primeiro mestre indio importante que se estableceu nos Estados Unidos, e o primeiro indio prominente recibido na Casa Branca (polo presidente Calvin Coolidge en 1927);[4] a súa aclamación temperá levouno a ser denominado "o primeiro gurú superestrela do século XX" por Los Angeles Times.[5] Chegou a Boston en 1920 e embarcouse nunha xira de charlas transcontinentais de éxito antes de establecerse nos Ánxeles en 1925. Nas seguintes dúas décadas e media, gañou fama local ademais de expandir a súa influencia en todo o mundo: creou unha orde monástica, continuou a facer xiras de ensinanzas, comprou propiedades para a súa organización en varios lugares de California e iniciou moita xente no Kriya Yoga.[3] En 1952, SRF tiña máis de cen centros na India e nos Estados Unidos e na actualidade teñen grupos en case todas a grandes cidades estadounidenses.[5] Os seus principios de "vida simple e alto pensamento" atraeron xente de todas as orixes entre os seus seguidores.[3]

Publicou o libro Autobiography of a Yogi en 1946 con éxito de crítica e público; dende a súa primeira edición vendeu máis de catro millóns de exemplares, e Harper San Francisco listouno como un dos "100 mellores libros espirituais do século XX".[5][6] O CEO de Apple Steve Jobs encargou cincocentas copias do libro para o seu propio memorial, de xeito que cada asistente recibise un exemplar.[7] O libro continuou a ser reimpreso regularmente e é coñecido como "o libro que cambiou a vida de millóns".[8][9] En 2014 estreouse o documental Awake: The Life of Yogananda que gañou múltiples premios en festivais de cinema de todo o mundo.

Ensinanzas[editar | editar a fonte]

Yogananda comezou na India en 1917 o seu traballo vital coa fundación dunha escola de "como vivir" para rapaces, en que os métodos modernos educativos se combinaban co adestramento no ioga e a instrución en ideas espirituais. En 1920 foi convidado a servir como delegado da India nun congreso internacional de relixiosos celebrado en Bosto. O seu relatorio no congreso, sobre "A ciencia da relixión" foi recibido con estusiasmo.

En 1920 fundou a Compañía da Autorrealización (Self-Realization Fellowship) e en 1925 estableceu nos Ánxeles a súa sede internacional.[10][11][12]

Yogananda escribiu Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You e God Talks With Arjuna – The Bhagavad Gita para revelar o que el afirmaba que era a harmonía completa e a unión básica do cristianismo orixinal que ensinou Xesucristo e o ioga orixinal que ensinou Bhagavan Krishna e para indicar que eses principios de verdade son a fundación científica común de todas as relixións verdadeiras.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Autobiography of a Yogi, 1997 Anniversary Edition. Self-Realization Fellowship (Founded by Yogananda) yogananda.org
  2. Wadhwa, Hitendra (21 de xuño de 2015). "Steve Jobs's Secret to Greatness: Yogananda". Inc.com. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Meares, Hadley (9 de agosto de 2013). "From Hip Hotel to Holy Home: The Self-Realization Fellowship on Mount Washington". KCET (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  4. Chidan; xuño de 19, Rajghatta | TNN | Updated:; 2019; Ist, 12:01. "In America and across the world, India reclaims its yoga heritage - Times of India". The Times of India (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Goldberg, Philip (7 de marzo de 2012). "The Yogi Of The Autobiography: A Tribute To Yogananda". HuffPost (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  6. "HarperSanFrancisco, edited by Philip Zaleski 100 Best Spiritual Books of the 20th Century". 
  7. Segall, Laurie (10 de setembro de 2013). "Steve Jobs' last gift". CNNMoney. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  8. Goldberg, Philip (2018). The Life of Yogananda. Hay House, Inc. ISBN 978-1-4019-5218-1
  9. Bowden, Henry Warner (1993). Dictionary of American Religious Biography. Greenwood Press. ISBN 0-313-27825-3. p. 629.
  10. Melton, J. Gordon, Martin Baumann (2010). Religions of the World: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and Practices. ABC-CLIO. ISBN 9781598842043. 
  11. Yogananda, Paramahansa (2004). The Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You p.1566. Os Ánxeles: Self-Realization Fellowship. ISBN 978-0-87612-555-7. 
  12. Kress, Michael (2001). Publishers Weekly: Meditation is the message. Nova York: Cahners Business Information, a division of Reed Elsevier, Inc. 
  13. Watanabe, Teresa (12 de novembro de 2004). "A Hindu's Perspective on Christ and Christianity". Los Angeles Times (Os Ánxeles). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]