Paralichthodes algoensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paralichthodes algoensis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Pleuronectidae
Subfamilia: Paralichthodinae
Regan, 1920
Xénero: Paralichthodes
Gilchrist, 1902
Especie: P. algoensis
Nome binomial
Paralichthodes algoensis
Gilchrist, 1902

Paralichthodes algoensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos, a única da subfamilia dos paralictodinos e máis do xénero Paralichthodes.[1][2][3]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de até 50 cm, que vive en fondos areosos e lamacentos en augas subtropicais, a profundidades de até 100 m, nas costas do sueste do Atlántico e o oeste do Índico, especialmente entre a Mossel Bay, Suráfrica e a baía de Delagoa, Mozambique.[4][5][6]

A poboación de Paralichthodes algoensis considérase relativamente abundante, e estábel, en toda a súa área de distribución.

Desde o ano 2010 a situación da especie está avaliada pola UICN como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución e á súa abundancia. E aínda que está sometida ás capturas por parte da industria pesqueira comercial, isto non se considera como unha grande ameaza para a conservación desta especie na actualidade. Porén, a comprobación continua dos seus niveis de poboación é necesaria para garantir que, no futuro, non sexa necesario incluíla nunha categoría de ameaza.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Heemstra, P. C. (1986): "Pleuronectidae". En M. M. Smith e P. C. Heemstra, eds. Smith's sea fishes. Berlin–Heidelberg–Nova York: Springer Verlag. ISBN 3-540-16851-6.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]