Parada, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parada
Igrexa de San Pedro de Parada.
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°33′09″N 8°21′38″O / 42.5524306, -8.3604915Coordenadas: 42°33′09″N 8°21′38″O / 42.5524306, -8.3604915
Poboación30[2] hab. (2019)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Parada é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2012 tiña 56 habitantes (28 mulleres e 28 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 96 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Hai un castro no que se levanta a capela do Pego,[3][4] e petróglifos nos montes de Parada. Na estrada que vai de Chacente (Campo Lameiro) a Parada pouco antes de chegar ó quilómetro 9 a uns 40 metros da beira esquerda sobre unha laxa de granito de grao fino situada a nivel do chan e cunha lixeira inclinación, obsérvanse bastantes figuras de cérvidos, xunto con combinacións circulares e figuras de varios tipos.

A ponte de Parada, no río Lérez, consérvase en bo estado[5]. Á beira do río Lérez, por baixo da ponte do Pego existe un manancial de augas termais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Parada[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Parada no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Framil | Insua | Mouteira | Parada

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
  3. Ermida do Pego na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  4. Rocío García (10 de setembro de 2009). "Cerdedo lanza un SOS por su capilla más profana". La Voz de Galicia (en castelán). 
  5. Ponte de Parada na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]