Un paquete ou trama de rede é a estrutura de datos unitaria que circula por unha rede de computadores. A información a transmitir poderá fragmentarse en varios paquetes, normalmente cando exceden o tamaño límite do paquete, e os diferentes fragmentos poden seguir camiños diferentes. Necesita, polo tanto, a protocolo da capa de transporte reordenar os paquetes na orde debida.
Un paquete está composto normalmente por:
Cabeceira (tamén chamada cabezallo ou encabezado), contendo informacións sobre a orixe e o destino do paquete, CRC (código de detección de erros) etc.
Datos, contendo a información que usuario quer enviar