Papuxa tomiñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa tomiñeira
Exemplar adulto
Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. conspicillata
Nome binomial
'Sylvia conspicillata'
(Temminck, 1820, Sardeña)

A papuxa tomiñeira (Sylvia conspicillata) é unha ave da familia das Sylviidae

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

A papuxa tomiñeira ten unha lonxitude duns 13 cm. O corpo é de cor pardo, exceptuando as ás que son avermelladas e maila cabeza. Esta última presenta un deseño gris coa gorxa e o contorno dos ollos brancos. Nas femias a parte agrisada é de cor parda. Habita en terreos secos con escaseza de vexetación, con preferencia polos tomiñeiros. Aliméntase de insectos, arañas e bagas.

Distribución[editar | editar a fonte]

No verán é común nas penínsulas Ibérica e Itálica. Común durante todo o ano no Magreb Occidental e no próximo Oriente.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)