Saltar ao contido

Papuxa real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa real
 Nome taxon
    Curruca hortensis
 Nome curto
    C. hortensis (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinónimo taxonómico
 Sinonimia
  • Motacilla hortensis
  • Sylvia hortensis
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaSylviidae
XéneroCurruca
EspecieCurruca hortensis Editar o valor en Wikidata
(Gmelin, 1789) Curruca hortensis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   4,2 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   14 a Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   13 d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/023378 Editar o valor en Wikidata
UICN22735012 Editar o valor en Wikidata
EOL60783392 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons
Sylvia hortensis
Cuculus canorus bangsi + Sylvia hortensis

A papuxa real (Curruca hortensis, antes Sylvia hortensis) é unha pequena especie de ave do xénero Sylvia dentro da familia Sylviidae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Presenta unha lonxitude de entre 14 e 16 cm, sendo por tanto unha papuxa grande, maior que a papuxa das amoras. A súa plumaxe en machos adultos é de coloración gris escura na cabeza, gris abrancazada nas partes inferiores, presentando gorxa branca. O ollo presenta un rechamante iris de cor branca. O peteiro é fusco e as patas de cor lousa. As femias e inmaturos teñen a cabeza dun ton máis pálido.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A papuxa real é unha especie circunmediterránea, ou o que é o mesmo, está moi estendida nas rexións europeas que bordean o mar Mediterráneo así como na rexión setentrional de África. Localízase na Península Ibérica e Marrocos, estendéndose a súa distribución por todo o mediterráneo até Turquía incluída, localizándose polo leste facendo límite no Cáucaso, Irán e Kazakhstán, onde tamén se atopan. Cara ao norte de Europa esténdense até os Alpes, apenas e raramente atopándose en Suíza.

Habita distintos medios pois aínda que prefire matogueiras e campos baldíos tamén vive en bosques abertos cunha vexetación de certo porte. As maiores densidades de poboación desta especie obsérvanse cara aos 700 m.

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Aliméntase principalmente de arañas, bagas, insectos e as súas larvas.

Emite un agradable canto en forma gorxeo en ton alto e forte, intercalando algunhas notas estridentes e certos asubíos. A súa voz de alarma é moi similar á do resto das papuxas, emitindo un seco e brusco tec tec ou tac tac que é repetido insistentemente.