Saltar ao contido

Papuxa de Moltoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa de Moltoni
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Curruca
Especie: Curruca subalpina
(Temminck, 1820)
Sinonimia
  • Sylvia moltonii
  • Sylvia subalpina
  • Sylvia cantillans moltonii[2]

A papuxa de Moltoni[3] (Curruca subalpina) é unha pequena especie de papuxa da familia Sylviidae. Recibe o seu nome en lembranza do ornitólogo italiano Edgardo Moltoni.

Reprodúcese en Córsega, Sardeña, áreas costeiras do mar de Liguria e nas illas Baleares.

É unha ave que vive en campos abertos e secos, a miúdo en ladeiras de cuíñas con arbustos para poder nidificar. Constrúen o niño nun arbusto baixo ou toxo, e poñen de 3 a 5 ovos. Como a maioría dos sílvidos, é insectívoro, pero come tamén bagas. Pasa o inverno en Alxeria e a África subsahariana occidental.[4][5]

Ata hai pouco era considerada unha subespecie da antiga especie Sylvia cantillans, da cal difire por ter un trilo máis curto na súa canción e unha parte ventral máis rosada en vez de laranxa. Posteriormente, Sylvia cantillans foi pasada ao xénero Curruca e subdividida en Curruca cantillans propiamente dita (papuxa balcánica), Curruca iberiae (papuxa carrasqueira) e Curruca subalpina (papuxa de Moltoni).[6]

O adxectivo específico subalpina é a palabra latina que signiica "baixo as montañas".[7]

  1. "Curruca subalpina". 2019: e.T22735596A155627483. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-3.RLTS.T22735596A155627483.en. 
  2. "Proposed synonymy of Sylvia cantillans moltonii Orlando, 1937, with Sylvia cantillans subalpina Temminck, 1820". Bulletin of the British Ornithologists' Club 127: 107. 2007. 
  3. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  4. Moltoni's warbler @ Handbook of Bird Species of the World
  5. Piot, B.; Blanc, Jean-Francois (2007). "Moltoni’s Warbler Sylvia subalpina in Senegal and West Africa". Malimbus 39: 37–42. 
  6. Bernard Volet, « Changement de taxonomie: ornitho.ch passe à la liste de l'IOC [archive] », sur ornitho.ch, 17 de decembro de 2023 (consultado o 9 de xullo de 2024)
  7. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 369, 376. ISBN 978-1-4081-2501-4.